Ricardo Varela presenta unha moción no Senado na que o PP terá que votar se apoia o proxecto da estación intermodal de Lugo

Ricardo Varela presenta unha moción no Senado na que o PP terá que votar se apoia o proxecto da estación intermodal de Lugo

Ricardo Varela presenta unha moción no Senado na que o PP terá que votar se apoia o proxecto da estación intermodal de Lugo

“No ano 2011, con José Blanco de ministro de Fomento, adxudicouse a redacción do proxecto, paralizado de forma unilateral hai uns meses polo Goberno”, afirma Varela

Ricardo VarelaO socialista Ricardo Varela presenta mañá na Comisión de Fomento do Senado una moción na que instará ao Goberno a “retomar de forma inmediata o proxecto da estación intermodal de Lugo”, polo que o grupo do PP terá que posicionarse e votar se apoia ou non esta iniciativa.

“O 28 de abril de 2011, con José Blanco de ministro de Fomento, adxudicouse a redacción do proxecto, cun plazo de execución de 28 meses, pero o Goberno suspendeu o contrato de forma unilateral e sen coñecemento das partes implicadas en outubro de 2012”, afirma Varela.

“O Goberno condea a Lugo a quedar fóra do mapa da alta velocidade, polo que os socialistas presentamos a moción e mañá o Partido Popular terá que deixar clara públicamente a súa postura”, manifesta o senador do PSdeG.

A decisión do Goberno central de paralizar a infraestrutura, desvelada grazas ás xestións de Ricardo Varela, hipoteca o futuro da cidade e de toda a provincia, a única de Galicia sen AVE. Ademais supón “o ninguneo por Fomento tanto aos veciños de Lugo como á Xunta, ao PP de Galicia e ao concello”, considera o senador socialista.

O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia reclamou tamén hai dous meses que a Xunta se dirixira ao Goberno central para esixir o compromiso asinado en 2011 para a construción da dita estación, que retome o acordo para evitar que a cidade e a provincia desaparezan do mapa da alta velocidade e que tome as medidas necesarias para que non sexa a única capital provincial sen a infraestrutura.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar