Ricardo Varela denuncia que se confirman os datos de caída de afiliación da Seguridade Social e poñen en evidencia o engano do paro rexistrado dado polo ministerio

Ricardo Varela denuncia que se confirman os datos de caída de afiliación da Seguridade Social e poñen en evidencia o engano do paro rexistrado dado polo ministerio

Ricardo Varela denuncia que se confirman os datos de caída de afiliación da Seguridade Social e poñen en evidencia o engano do paro rexistrado dado polo ministerio

O Secretario Segundo na Comisión de Emprego e senador socialista por Lugo cualifica de "dramática" a perda dun millón de cen mil ocupados dende que chegou Rajoy

A datos indican que se produciu unha caída da ocupación, nos últimos doce meses, de 497.300 persoas, unha cifra que coincide cos 553.000 afiliados menos á Seguridade Social, tal como sinalou o senador na súa pregunta á Ministra no último pleno e poñen en evidencia o engano do ministerio que reflectiu unha caída da ocupación no último ano de 19.000 persoas, segundo o paro rexistrado

O Secretario Segundo na Comisión de Emprego e senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, denunciou hoxe, tras coñecerse os datos da Enquisa de Poboación Activa, que os datos desta confirman a denuncia presentada no Senado sobre a manipulación que o ministerio estaba a facer cos datos do paro rexistrado.

Os datos coñecidos hoxe indican que se produciu unha caída da ocupación nos últimos doce meses de 497.300 persoas (17.320.300 ocupados hai un ano, fronte a 16.823.000 neste momento).

Este dato coincide coa caída de afiliación á Seguridade Social nos últimos doce meses, 553.000 afiliados menos, tal como sinalou o senador na súa pregunta á Ministra no último pleno e poñen en evidencia o engano do ministerio que reflicto unha caída da ocupación no último ano de 19.000 persoas, segundo o paro rexistrado.

O parlamentario do PSOE denunciou no último pleno o desfase inexplicable entre a caída de máis de medio millón de persoas na afiliación á Seguridade Social e os datos ofrecidos polo ministerio de caída de ocupación que supoñían un 3% destes.

Ricardo Varela sinalou que "cae antes un mentireiro que un coxo, e a Ministra caeu aos dous días de defender no Senado" "que a caída da ocupación anual era de 19.000 persoas".

Varela sinalou ademais que "aínda é máis preocupante o dato se temos en conta que a caída da ocupación e de cotizantes dende que Rajoy chego ao Goberno é de 1.100.000 persoas, o que supón a fotografía máis clara do fracaso da política económica e laboral do Executivo do PP".

O senador considera "incomprensible" que o Goberno poida facer unha valoración positiva, case festiva, destes datos que indican unha sangría incontenida da ocupación, un aumento galopante da precariedade a custa dos contratos fixos, unha perda de salarios dos traballadores e un derrubamento do sector industrial, acompañado dun éxodo, que se pode deducir dos datos, de case trescentas mil parados o último ano buscando oportunidades fóra de España.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar