Ricardo Varela afirma que se está a producir o nivel de execución máis baixo da historia dos Presupostos do Estado para Galicia

Ricardo Varela afirma que se está a producir o nivel de execución máis baixo da historia dos Presupostos do Estado para Galicia

Ricardo Varela afirma que se está a producir o nivel de execución máis baixo da historia dos Presupostos do Estado para Galicia

Os senadores galegos esixen ao Goberno que aclare que grao de execución tivo o investimento comprometido polos Presupostos do 2013 en Galicia ata o mes de setembro.

Os senadores do Grupo Territorial Galego do Partido Socialista presentaron unha batería de preguntas escritas destinadas a coñecer o grao de execución de cada un dos ministerios, en Galicia, a data de setembro.

Os senadores socialistas galegos, a través do seu coordinador, Ricardo Varela, aseguran que o goberno non cumpriu co previsto, que a presentación dos Presupostos Xerais do Estado para Galicia foi "un exercicio de ficción" e que o grao de execución do investimento orzamentario non chegou ao 30%.

Ricardo VarelaO Coordinador do Grupo Territorial Socialista no Senado, o senador por Lugo, Ricardo Varela, subliñou que o Grupo Territorial Socialista Galego no Senado, instou ao Goberno a que dea a coñecer o grao de execución de todos os ministerios en Galicia.

Varela sostén que se está a producir o nivel de execución "máis baixo da historia", nuns presupostos xa raquíticos con Galicia, e que o grao de execución, entrando xa na recta final do ano non alcanza o 30%. Varela asegurou que o goberno segue na liña de prometer e non cumprir e que os presupostos 2013 foron "pura fachada" unha farsa, un exercicio de ficción.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar