Ricardo Varela acusa o Goberno de manipular os datos do paro rexistrado

Ricardo Varela acusa o Goberno de manipular os datos do paro rexistrado

Ricardo Varela acusa o Goberno de manipular os datos do paro rexistrado

O senador do PSOE por Lugo acusa a Mariano Rajoy de construír o discurso da recuperación sobre datos falsos

Apunta que nos últimos doce meses a caída de afiliados á Seguridade Social multiplica por 30 o incremento do paro rexistrado

O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, denunciou na Cámara Alta, que, dende setembro de 2012, os datos de paro rexistrado van por un lado e os da EPA e afiliación á Seguridade Social, móvense en sentido absolutamente contrario.

Varela interveu no debate dunha moción consecuencia de Interpretación de Entesa sobre a reforma do mercado laboral e criticou que a evolución da afiliación á Seguridade Social, entre setembro de 2012 e o mesmo mes de 2013, tivo unha caída de 553.342 cotizantes, é dicir, ocupados que teñen deixado de ser el, e no mesmo período o número de persoas que perderon o seu emprego segundo o paro rexistrado é de 19.076, "algo absolutamente incrible cando non ridículo".

O parlamentario do PSOE denunciou que dende setembro do ano pasado, cando o Goberno empeza a actuar e manipular, sobre os datos do paro rexistrado, *(cuadro 1) a variación do paro interanual que se situaba no 11'98% de incremento, empeza a descender ata situarse no 0,4% interanual a 31 de setembro de 2012. En paralelo, durante este mesmo período, a afiliación á Seguridade Social e a Enquisa de Poboación Activa caen dramaticamente constatando a caída do emprego e a mentira do Goberno

Máis inverosímil é este comportamento do paro rexistrado, en relación coa afiliación á Seguridade Social, se analizamos a relación entre as dúas variables nos anos anteriores.

En todos eses anos ambas as dúas medidas evolucionaron como é lóxico, de forma similar, non variando en ningún caso en máis do 30% os datos dunha respecto á outra.

"Milagrosamente, puntualizou, para que o Goberno poida construír o seu discurso de recuperación (como fixo Mariano Rajoy en Xapón) e efectos positivos da reforma laboral, nos últimos doce meses, o aumento do número de parados rexistrados supón o 3% do número de persoas que saen da afiliación" "na Seguridade Social no mesmo período". Ou o que é o mesmo, o aumento do incremento do paro segundo afiliación á Seguridade Social multiplica por trinta, o aumento segundo o paro rexistrado da Ministra Bañez. (Dato xamais acontecido na historia estatística de España). Por todo iso, Ricardo Varela acusou o Executivo do PP de poñer en marcha unha estratexia de expulsión e ocultación dos parados nos rexistros públicos de emprego.

"Só isto explica, concluíu, esta burda manipulación, sobre todo, se temos en conta que nos dous últimos anos se perderon 1.015.075 cotizantes fronte aos 536.476, perdidos entre setembro do 2009 e 2011. É dicir, non só non é positiva a evolución do emprego no período do PP senón que o ritmo de destrución de emprego se duplicou, como indican os datos de afiliados á seguridade social, e ocultan os de rexistro de parados do Servizo Público de Emprego".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar