Ricardo Varela acusa ao Goberno de cargar todo o custo da crise sobre os salarios

Ricardo Varela acusa ao Goberno de cargar todo o custo da crise sobre os salarios

Ricardo Varela acusa ao Goberno de cargar todo o custo da crise sobre os salarios

Asegura que nos dous últimos dous anos os salarios caeron 44.000 millóns de euros e que as rendas empresariais sumaron 18.000 millóns de beneficios

varelaO Secretario Segundo na Comisión de Emprego e senador por Lugo, Ricardo Varela, acusou ao Goberno de cargar todo o custo da crise sobre os salarios e de poñer en marcha unha política económica homicida coas rendas dos traballos.

Varela interveu na sesión de control parlamentario da Cámara Alta e formulou unha pregunta ao Ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos. O parlamentario do PSOE iniciou a súa intervención desmentindo a afirmación do Ministro Montoro de que os salarios en España melloraran moderadamente e interesouse por coñecer como evolucionaron os distintos pesos da riqueza da renda dos salarios dos traballadores e dos excedentes empresariais no noso PIB.

Neste sentido, detallou que nos dous últimos anos as rendas dos salarios están a soportar a totalidade da crise e caeron 44.000 millóns de euros. Ricardo Varela criticou que, mentres os salarios perderon peso, os excedentes empresariais ou beneficios creceron en 18.000 millóns de euros.

Como explicou a continuación, "os salarios asumen a totalidade do custo da perdida da riqueza do noso país e trasladan parte do seu valor aos seus excedentes empresariais. Asumen o conxunto da caída e transvasan 18.000 millóns aos empresarios. En definitiva, no noso país caen os salarios, soportan o custo da crise e transvasan diñeiro ás renda dos empresarios mentres que en Europa pasa o contrario, os países que crecen reparten as súas rendas mellorando os salarios".

Ricardo Varela puntualizou que, dos países que decrecen, non hai ningún en que as rendas das empresas crezan xa que se reparten a carga entre as rendas do traballo e os traballadores.

Varela finalizou subliñando que o Goberno do PP "está a poñer en marcha unha política homicida co valor do traballo. É inxusta, moi negativa, retira capacidade de compra e impide a recuperación". O senador galego concluíu recordando que un dirixente do PP advertiu hai dous anos de que España está Ao Bordo do Abismo e puntualizou que "agora si que demos un paso á fronte nese sentido".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar