Ricardo Varela acusa á ministra Báñez de "crear un limbo de parados" no que sitúa aos desempregados que non quere computar nas estatísticas

Ricardo Varela acusa á ministra Báñez de "crear un limbo de parados" no que sitúa aos desempregados que non quere computar nas estatísticas

Ricardo Varela acusa á ministra Báñez de "crear un limbo de parados" no que sitúa aos desempregados que non quere computar nas estatísticas

Recrimina á Ministra que non ofreza ningunha explicación coherente sobre o desfase sobre o paro rexistrado entre os datos do SISPE e os da Seguridade Social

Subliña que "eses son os seus parados e, entre darlles emprego ou borralos do mapa, elixiu borrarlles do mapa"

O senador galego pregúntase, de forma irónica se os 500.000 parados "desaparecidos" no último ano non terán relación coa cifra anunciada polo Vicepresidente do Goberno dos máis de medio millón de parados infractores que cobraban indebidamente as prestacións por desemprego

O secretario segundo na Comisión de Emprego e senador do PSOE por Lugo, Ricardo Varela, acusou na Cámara Alta á ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, de "crear un limbo de parados" no que sitúa a todos os desempregados que non quere computar para as estatísticas oficiais.

No inicio da súa intervención, Varela explicou que as os datos que nos facilita o SISPE (Sistema de Información dos Servizos Público de Emprego) cada mes, sobre os ocupados e parados e o Instituto da Seguridade Social, sobre a caída da ocupación ou afiliación, están intimamente ligados e correlacionar. Neste sentido, apuntou que a media de desviación entre ambos os dous datos é do 15%. De feito, entre setembro de 2011 e 2012, contabilizáronse 451.000 parados, segundo os datos de desemprego, e 478.000 caídas na afiliación á Seguridade Social. "Curiosamente, puntualizou, nos doce meses seguintes prodúcese unha quebra destas series históricas de datos de parados e Seguridade Social. Entre setembro de 2012 e 2013 rexístranse 553.000 baixas na afiliación á Seguridade Social e tan só 19.000 parados máis. Como explica este desfase? Que é o que están a facer cos datos do paro? Onde están ese medio millón de parados? "

Na quenda de réplica, o senador galego recriminou á Ministra que non dera ningunha explicación coherente sobre o desfase do paro rexistrado, das razóns polas que, por primeira vez, se produce unha desviación entre os datos do SISPE e os da Seguridade Social, no que o aumento do paro rexistrado supón escasamente o 3% da caída da afiliación nos últimos doce meses.

Neste sentido, Ricardo Varela acusou á Ministra Báñez de crear un "limbo dos parados" para que ela mesma e o Presidente Rajoy "poidan elaborar o seu discurso do inicio, do comezo e o principio do final da crise e a recesión,". "Un limbo, aclarou, que creou para colocar a todos aqueles que non quere computar como desempregados".

Varela denunciou que "eses parados non computan, non cobran prestacións e non reclaman políticas activas". "Eses son os seus parados e, entre darlles emprego ou borralos do mapa, elixiu borralos do mapa", apostilou. Por último, o senador socialista preguntouse, de forma irónica, se "os 500.000 parados "desaparecidos" no último ano non terán relación coa cifra anunciada polo Vicepresidente do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, dos máis de medio millón de parados infractores que cobraban indebidamente as prestacións por desemprego".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar