Réxime de sancións para as agresións por LGTBIfobia

Réxime de sancións para as agresións por LGTBIfobia

Réxime de sancións para as agresións por LGTBIfobia

A portavoz de Política Social, Emprego, Mocidade, Voluntariado e LGTBI do Grupo Socialista, Noela Blanco, propuxo hoxe incorporar un réxime de sancións contra as agresións homófobas á Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación de LGTBI. Así o dixo logo dun encontro con representantes de colectivos LGTBI que tivo lugar hoxe no Grupo Socialista.

A responsable socialista condenou a agresión homófoba rexistrada o día de Aninovo en A Coruña e anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para poñer sobre a mesa a urxencia de “sacar do armario” a dita Lei, paralizada polo PP e sen desenvolver dende a súa aprobación en 2014. Os socialistas galegos queren introducir na dita norma “un réxime de sancións para castigar os casos de discriminación e vexación de persoas debido á súa orientación sexual”.

Trasladou a repulsa do Grupo Socialista a actuacións como a sufrida por unha persoa en A Coruña e salientou a importancia de “que se denuncien feitos destas características para que a LGTBfobia non quede impune e invisibilizada”. Propuxo ademais incrementar os recursos e o esforzo das administracións “para crear os mecanismos adecuados para que as vítimas poidan denunciar de forma sinxela e eficaz aquelas situacións de discriminación ou de violencia por razón de identidade sexual”.

Instou a “utilizar tódolos instrumentos e mecanismos á nosa disposición co obxectivo de xerar as condicións adecuadas para que todas as persoas, sexa cal fora a súa orientación sexual ou identidade de xénero, vexan protexidas a súa dignidade, os seus dereitos fundamentais á integridade, á liberdade e ao libre desenvolvemento da súa personalidade e a efectiva igualdade de trato ante a Lei e tamén ante a sociedade”.

Noela Blanco lamentou o nulo interese do goberno galego en impulsar unha norma presentada no seu día polos socialistas galegos e aprobada sen votos en contra no Parlamento de Galicia. O resultado é que “a cotío no atopamos con graves problemas de discriminación na relación coas administracións públicas, no ámbito educativo, sanitario, na rúa, nos xulgados ou nos medios de comunicación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar