Rexeitan que a EGAP vaia impartir cursos ao persoal das empresas concesionarias dos servizos públicos que se están a privatizar

Rexeitan que a EGAP vaia impartir cursos ao persoal das empresas concesionarias dos servizos públicos que se están a privatizar

Rexeitan que a EGAP vaia impartir cursos ao persoal das empresas concesionarias dos servizos públicos que se están a privatizar

Beatriz Sestayo reprocha que compareza a directora da Escola Galega de Administración Pública a petición do Goberno mentres se veta a comparecencia de Feijóo no Parlamento para falar de corrupción

Reclamou unha posición do Goberno ante a reforma da lei da Administración Local, que afectará a moitos concellos, en lugar de propoñer un foro na EGAP a posteriori dos cambios que se establezan

A portavoz de Administracións Públicas do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, ven de criticar a falta de conexión coa a realidade de Administración Local da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), cuxa directora compareceu hoxe en Comisión na Cámara galega.

Sestayo reprochou a Sonia Rodríguez-Campos que viñera a ao parlamento a “relatarnos de palabra os contidos da páxina web da Escola” e criticou a súa comparecencia a petición propia mentres outros asuntos, que supoñen unha “maior preocupación para a cidadanía” non se poden debater no Parlamento, en alusión ao veto da comparecencia do Presidente Feijóo .

“Parece que non se pode falar de corrupción no Parlamento”, recriminou á malloría popular a deputada socialista, que enmarcou a comparecencia da Directora da EGAP nunha manobra de distracción, “unha cortina de fume, unha pantalla para tapar a realidade”.

En relación ao relato da comparecente, Sestayo reprochoulle a Rodríguez-Campos que falara de formación “cando se están desmantelando os servizos públicos, se aplican EREs na Administración aplicando a reforma laboral e amortízanse prazas”. “Falar nestas condicións de mellorar a Administración Pública é un exercicio de cinismo do Goberno”, dixo Sestayo.

As críticas da deputada socialista estendéronse á formación, denunciando que os cursos non están actualizados, “ a innovación é cero”, resumiu.

En relación á formación de persoal, a parlamentaria ferrolá insistiu en coñecer se a EGAP vai formar a persoal alleo á función pública, persoas que estean prestando servizo a través de concesións e empresas privadas contratadas pola administración. Toda vez que o PP rexeitou a negativa expresa0 dos socialistas a que estas persoas tivesen acceso aos cursos da EGAP.

Tamén forma parte da crítica do PSdeG e obxecto de denuncia por varios empregados públicos a formación de directivos e persoal de dirección na EGAP. “Foméntanse determinados cursos de cuxo sistema de selección de acceso se veñen queixando os sindicatos, porque logo son requiridos para ocupar determinados postos na administración, cursos que só tiñan realizado persoas próximas ao Partido Popular”, denuncia Sestayo.

A EGAP non vaia parella ao desenvolvemento da Administración Pública. “O foro de debate non vai parello ao debate social, non vai coa corrupción, co modelo de función pública, co modelo de empregados públicos, coas RPTs, coa cercanía aos cidadáns administrados...” Beatriz Sestayo recriminou á directora da EGAP que, como tampouco fixera o Conselleiro da Presidencia, no falara da reforma da lei da Administración Local, a pesares de ser a maior preocupación para todo o persoal da Administración Pública Local.

Sestayo considera insuficiente a celebración dun foro sobre os devanditos cambios lexislativos. A deputada socialista reclamou “unha posición do Goberno galego antes de que se consoliden estes cambios que afectan a moitos concellos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar