Rexeitan os orzamentos máis inxustos e insociais da historia por ser un axuste de contas ideolóxico e propoñen acordos para blindar a sanidade, a educación e crear emprego

Rexeitan os orzamentos máis inxustos e insociais da historia por ser un axuste de contas ideolóxico e propoñen  acordos para blindar a sanidade, a educación e crear emprego

Rexeitan os orzamentos máis inxustos e insociais da historia por ser un axuste de contas ideolóxico e propoñen acordos para blindar a sanidade, a educación e crear emprego

Pachi Vázquez ofreceu diálogo para a reformulación dos Orzamentos nunha proposta de esperanza para as galegas e galegos: incrementar recursos para dedicalos ao emprego, o tecido produtivo e para os servizos públicos esenciais

Para os socialistas, estes orzamentos anticipan un 2013 con máis paro, recesión e pobreza, e menos prestacións e servizos públicos

O Presidente do GP Socialista propuxo diálogo sobre plans para o emprego, sobre o medio rural e o sector pesqueiro, o fomento da innovación e o impulso ao comercio

Vázquez tendeu a man a Feijóo para un acordo para blindar a Sanidade e a Educación públicas e gratuítas

Os socialistas reprochan aos populares que aproveiten a crise para facer un axuste de contas ideolóxico

O Presidente do Grupo Parlamentario Socialista e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, defendeu a devolución dos Orzamentos da Xunta de Galicia, xa que, tal e como están formulados, anticipan máis paro, mais recesión, máis pobreza, menos prestacións, menos servizos públicos e menos esperanza para as galegas e os galegos. “2013 será o peor dos do mandato de Feijóo, que claudicou ante os problemas e renunciou a saír da crise”, afirmou.

O dirixente socialista criticou as contas presentadas pola Conselleira de Facenda porque, “no cénit da crise, en lugar de elaborar uns orzamentos dirixidos a paliar os problemas da cidadanía parecen dirixidos a agudizalos máis”.

Acusou a Feijóo e ao seu Goberno de ter esquecido o prioritario e incluso as súas propias promesas e augurou que, de aprobarse así os presupostos, 2013 será o peor ano de todo este período de crise. Un ano no que o paro acadará as 300.000 persoas, chegaremos ás 100.000 familias con todos os seus integrantes activos desempregados; a economía retraerase o 1,5% e seguirá habendo máis copago de medicamentos, ortopedia e libros de texto.

Recriminou ao Goberno de Feijóo que entre xaneiro e novembro pasados se batera o récord histórico de EREs, con máis de 24.000 afectados, dos que 13.600 pertencen ao sector industrial.

En definitiva, Pachi Vázquez describiu unha situación de “perda incuestionable de calidade de vida” das galegas e dos galegos: conxeláronse as pensións, hai máis copago sanitario, os empregados públicos, cobran menos e son sometidos a despedimentos e soben os impostos ao tempo que se perden prestacións sociais. Todo elo provoca un clima de crispación social diante do que o Goberno actúa “poñéndose de costas” á cidadanía e actuando coma “un contable ideolóxico”.

Con máis de 278.000 parados, 91.000 familias con todos os membros desempregados, con 28.000 familias onde non entra ningún ingreso, cunha quinta parte da poboación baixo o limiar da pobreza, con case 750.000 pensionistas que son os que menos cobran en España, con miles de familias sen axudas para libros ou becas, con case o 50% da mocidade sen expectativa de traballo e con traballadores pendentes de EREs e con ducias de miles de familias atrapadas nas preferentes, a acción pública a través dos Orzamentos é a súa única esperanza.

O Secretario Xeral dos socialistas galegos acusou ao Goberno galego de querer aproveitar a situación de crise para facer “un axuste de contas ideolóxico” e recriminou á conselleira Muñoz e a Feijóo o custe que para o país vai ter o “exercicio de vaidade” de non participar no Fondo de Liquidez autonómica. Soben os gastos derivados da débeda contraída, ata superar os 1.100 M€ e baixan na mesma medida os recursos destinados para cubrir as necesidades dos cidadáns. Vázquez instou á conselleira a ensinar os xuros que paga a Xunta e os que ofrece o Fondo. O socialista acusou a o Goberno Feijóo de pagar máis por presumir de non ir ao rescate autonómico.

A isto hai que sumar, a xuízo dos socialistas os menores ingresos que proveñen do Estado e da propia Comunidade Autónoma por unha política fiscal que grava menos aos grandes patrimonios e ás rentas mais altas en detrimento das rendas medias e baixas. Isto deriva no incremento dos recortes en todas as partidas, impedindo unha política de crecemento e mantemento dos servizos públicos. “Péchanse PACs, Xulgados e ata Concellos”, replica o Presidente do Grupo Socialista.

PROPOSTA SOCIALISTA

Pachi Vázquez presenta unha alternativa moi clara: incrementar os recursos para dedicalos a emprego, ao tecido produtivo e aos servizos públicos esenciais. Critica ao PP que se opoñan sistematicamente a unha nova política fiscal mentres apoiaron unha amnistía fiscal para aflorar o diñeiro negro dos grandes defraudadores.

O socialista propuxo unha fiscalidade máis progresista que modifique os tramos do IRPF e o Imposto do Patrimonio e implantar un imposto aos depósitos das entidades financeiras. Vázquez afeou a posición de Feijóo “dándolle cobertura” ao Goberno do Estado que impediu tomar esta medida en algunhas comunidades.

O deputado socialista ofreceu diálogo para acometer unha reformulación dos Orzamentos que permita acometer as prioridades, “con esperanza e realismo”. Pero negou o apoio do seu grupo a “unha política regresiva que provoca máis destrución de emprego, abandona os sectores estratéxicos, acentúan o desequilibrio territorial e incrementa as cargas dos cidadáns en Sanidade, Educación e nas prestacións sociais.

Para Pachi Vázquez “podemos incrementar os recursos cunha rebaixa de gastos superfluos ou improdutivos” a través dun acordo para reducir a administración paralela.

En total, xeraríanse 465M€ adicionais que permitirían acometer programas concretos para crear emprego, impulsar o crecemento, apoiar aos sectores estratéxicos e produtivos e a manter os servizos públicos esenciais.

Vázquez criticou á redución do 40% das políticas activas de emprego que contempla o Orzamento da Xunta, así como a redución de investimento en I+D+i dun 43% desde 2009. Pregúntase o dirixente socialista, de que imos vivir nos vindeiros dez anos sen apostar pola innovación e o emprendemento.

Vázquez propuxo a Feijóo un plan de emprego rural para a valorización do sector forestal, así como un Pacto polo Sector Pesqueiro. Ofreceu diálogo sobre impulso á innovación tecnolóxica e a modernización do pequeno comercio e sobre un Plan de apoio ás industrias culturais.

Salientou especialmente a oferta dun acordo para blindar por lei a Sanidade e a Educación, preservando o seu carácter público, universal e gratuíto.

Esixiu tamén a inclusión nos Orzamentos dunha dotación adicional para dar cobertura á situación de extrema necesidade dos colectivos máis desfavorecidos: aumento da RISGA, programas de atención a discapacitados, construción de infraestruturas de carácter social, plans de vivenda para os colectivos mási vulnerables e un Plan Concertado de Servizos Sociais cos concellos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar