Rexeitan o Proxecto de Lei co que o Goberno quere modificar a Lei de Costas porque perpetúa a ENCE na Ría de Pontevedra e non procura solucións para varios concellos

Rexeitan o Proxecto de Lei co que o Goberno quere modificar a Lei de Costas porque perpetúa a ENCE na Ría de Pontevedra e non procura solucións para varios concellos

Rexeitan o Proxecto de Lei co que o Goberno quere modificar a Lei de Costas porque perpetúa a ENCE na Ría de Pontevedra e non procura solucións para varios concellos

Sánchez Bugallo pregunta sobre a participación da Xunta nas consultas previas e a implicación do Goberno de Feijóo para que a reforma da lei atenda a demanda de concellos con núcleos afectados

Os socialistas galegos rexeitan o Proxecto de lei de modificación da Lei de costas, vixente desde o ano 1988, e que o Goberno de España acaba de presentar no Congreso dos Deputados.

Segundo o portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Parlamentario Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, en Galicia este proxecto de lei perpetúa a situación da empresa ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra máis alá do 2018, ano no que lle caduca a actual concesión administrativa vixente “deixándolle a oportunidade de permanecer 75 anos máis no mesmo lugar”.

O texto remitido polo Executivo de Rajoy da ao traste coas tímidas iniciativas do Goberno galego para buscar unha radicación alternativa fóra da ría de Pontevedra, denuncian os socialistas. Ademais, o problema da situación dos núcleos costeiros, “que tantas veces o Partido Popular anunciou se arranxaría con esta modificación da Lei de costas, permanece igual, xa que a redacción dada ao articulado para nada ten en conta as características dos núcleos costeiros galegos” indica Sánchez Bugallo.

En Galicia, propoñen os socialistas, “é necesario solventar o recoñecemento dos núcleos costeiros nos concellos de Marín, Vilaboa, Ribeira, a especifidade da Illa de Arousa e facer un novo deslinde no concello de Moaña, dado que o actual afecta a vivendas que están fóra da liña de costa e non a outras que están na fachada marítima”.

Pero estes problemas non atopan acollida no proxecto de lei que está tramitándose no Congreso dos Deputados, critican os socialistas, e, “como entendemos que o Goberno de Galicia tivo que participar neste documento”, Sánchez Bugallo pregunta pola participación do Executivo de Feijóo nas consultas previas á elaboración do proxecto de modificación da Lei de Costas, e no caso contrario, se ten realizado algún tipo de contacto para que se incorporen as demandas de Galicia.

Bugallo demanda tamén coñecer os movementos da Xunta para dar solución aos problemas dos núcleos de Marín, Vilaboa e Ribeira, a especificidade de a Illa de Arousa para os que o deputado socialista considera que o anteproxecto dos populares non ten en conta as súas especifidades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar