Rexeitan o modelo de xestión do hospital de Vigo porque provoca interferencias entre a xerencia privada e a xestión sanitaria pública e resulta máis caro

Rexeitan o modelo de xestión do hospital de Vigo porque provoca interferencias entre a xerencia privada e a xestión sanitaria pública e resulta máis caro

Rexeitan o modelo de xestión do hospital de Vigo porque provoca interferencias entre a xerencia privada e a xestión sanitaria pública e resulta máis caro

O modelo xa fracasou en Madrid, Valencia ou Gran Bretaña, como denuncia SOS Sanidade Pública. Os socialistas reprochan ao Goberno de Feijóo que non teñan definido o papel que xogará o hospital na área sanitaria nin os servizos clínicos que se privatizarán

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, replica ao presidente galego que a diferenza entre público e privado reside en que a boa xestión privada procura beneficios económicos, mentres que a pública procura beneficios sociais

Na comparecencia en Pleno de Rocío Mosquera, Pose instou aos populares a buscar o entendemento co alcalde de Vigo e reclamoulle non ser “tan rácanos” con esta cidade logo de ter gastado 7M€ en “arranxar o de Barreiros” ou condonar unha sanción a Telmo Martín por importe de 3 M€

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, recriminou ó Presidente Feijóo que “vai españoleando” e presumindo de investimentos en hospitais, poñendo o exemplo da xestión de Galicia para saír da crise. Pero, a realidade é que “aínda non gastou un peso”. Porque, acusa Pose, este gasto “o vai deixar para que o paguen os nosos fillos e os nosos netos”, dixo criticando o modelo de financiamento público privado escollido para o financiamento do Hospital de Vigo.

Esta crítica se encadra na réplica á comparecencia da Conselleira de Sanidade para explicar a evolución das obras da Hospital de Vigo. A este respecto, Pose Mesura afeou o exceso de “exposición técnica”, pormenorizando as características arquitectónicas, e “faltoulle falar da política sanitaria, do que significa ese hospital”.

En relación á Política Sanitaria da Xunta, o deputado socialista condenou as declaracións do presidente Feijóo nas que afirmaba ser partidario da privatización de todo menos do “núcleo duro” da Sanidade. Pose reclamou explicacións ao Xefe do Executivo galego sobre cal é o núcleo duro e advertiu da preocupación social que xera a “febre privatizadora” dos populares.

En relación á intención de Feijóo de non distinguir entre xestión pública e privada, senón entre boa e mala xestión, Modesto Pose aclarou ao presidente galego que a “grande diferenza” reside en que “a boa xestión privada é a que procura beneficios económicos, mentres que a boa xestión pública é a que procura beneficios sociais”.

Neste sentido recordou que o Hospital de Vigo, motivo da comparecencia de Rocío Mosquera, é 100% público pero o xestionará durante 20 anos o grupo de empresas co que se conveniou a súa construción. Pose reprochou a Mosquera que pretenda ocultar as dificultades que esta xestión, aínda que non afecte a área médica, vai ter para manter un control público do hospital.

Explicou por exemplo a interrelación que terán na calidade de esterilización dos quirófanos as decisións sobre a limpeza ou a relación entre a xestión de cociña e a alimentación dos pacientes.

Ademais Pose critica o alto custe deste modelo de contratación, xa fracasado en Madrid e Valencia e que puxo en risco a Sanidade Pública británica. Un modelo que rexeitou publicamente a Asociación SOS Sanidade Pública e que “somos moitos os que non o compartimos”, dixo Pose, porque, entre outras cuestións, “parécenos máis caro”, xa que insiste o deputado socialista, estas empresas buscan a rendibilidade, e, polo tanto, os servizos públicos “saen máis caros aos galegos e ás galegas”.

O deputado socialista lembroulle á conselleira os 70 millóns de euros anuais, “isos si son públicos” , que se entregarán ás empresas Acciona, Altair,Puentes e OCA todos os anos, pola xestión do Hospital.

Recriminou á Conselleira de Sanidade a falta de explicacións do Goberno sobre o papel que xogará o Hospital na área sanitaria de Vigo, se os outros hospitais serán complementarios, ou se mantén Povisa como Hospital Xeral de Vigo e se privatizarán servizos clínicos como o Laboratorio.

En relación ás friccións que manteñen co alcalde de Vigo. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista avogou polo diálogo co rexedor olívico, “elixido polos cidadáns e que defende os intereses de Vigo desde unha perspectiva local”. Instou aos populares a abandonar os “fogos de artificio” contra Caballero e pediulles que non sexan tan “rácanos” con Vigo desde o Goberno, logo de ter gastado 7 millóns de euros para “arranxar o de Barreiros” , ou de condonar unha sanción de 3 millóns de euros a Telmo Martín en Pontevedra

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar