Rexeitan o copago sanitario porque abre a porta ás desigualdades en función da renda

Rexeitan o copago sanitario porque abre a porta ás desigualdades en función da renda

Rexeitan o copago sanitario porque abre a porta ás desigualdades en función da renda

Modesto Pose advirte que as medidas anunciadas, como o copago de próteses ou a negación da atención continuada a estranxeiros traerá consecuencias negativas para as clases máis desfavorecidas

O parlamentario socialista, Modesto Pose, ven de denunciar o risco de “volver a atrás” e que a Sanidade perda a condición de dereito universal. Así fíxollo saber na súa quenda de intervención no debete da interpelación á conselleira de Sanidade sobre o mantemento dunha Saúde pública e universal e sobre a posición da Xunta respecto ao copago en función da renda dos servizos sanitarios.

Para o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista a introdución do copago ou repago anunciada polo Goberno de Rajoy “abre a porta ás desigualdades no Sistema Nacional de Saúde”.

Modesto Pose advertiu que “cando un dereito deixa de ser universal, o soen pagar os máis desfavorecidos”. Así, puxo de exemplo algunhas medidas xa anunciadas, como o copago de próteses, que está previsto que produza un aforro de 700M€, e que “afecta ás persoas máis necesitadas, os discapacitados”. O socialista fixo súas as palabras dos portavoces das asociacións de discapacitados que definiron esta medida como “un tiro mortal” á integración social dos discapacitados.

O que necesita Galicia, afirma Pose, é mellorar e modernizar o catálogo e a atención aos discapacitados que, de por si, precisan 27.000€ máis ca os demais para lograr unha integración sociolaboral plena.

O deputado socialista acusou aos populares de “racanear” 9 millóns de euros en atención ortoprotésica e “nos quedamos parados cando un señor se leva 30 millóns de euros de indemnización por unah mala xestión nunha caixa”. Para Pose, “se a política non vale para corrixir isto, non vale a pena estar en política”, recriminou aos deputados populares e ao goberno galego.

Os socialistas desconfían do aforro que poidan lograr medidas como as derivadas da non atención continuada aos inmigrantes. Deste medida poden incluso derivarse maiores poblemas de saúde, como os roducidos polo contaxio de enfermidades endémicas como a tuberculose, “o que ademais incrementarían os custes económicos”.

Pose afirma que existen outras medidas para facer e que os socialistas “en absoluto” se opoñen a que se racionalice o gasto sanitario en consonancia coa situación económica qeu padecemos. Pero “hai que facelo globalmente” e non deben mesturarse con outros anuncios como os de libre elección de hospital, que asegura Pose “é moi dificil de levar a cabo e moi custoso”.

Recordou á conselleira de Sanidade a diferenza entre solidariedade e beneficencia. Porque “hai moi poucas persoas que lles guste recibir asistencia social”. Pose vinculou o avance da sociedade no século XX e no actual pola acción solidaria “cos que quedaban atrás” do Estado solidario. Un Estado que tamén o era de dereito, non de beneficencia.

Afirmou a posición favorable dos socialistas ás medidas de austeridade. Pero non sen antes recordar quen fixo as grandes obras “magalomaníacas”, e citou a Cidade da Cultura, a Semana Verde ou a construción de portos sen ter en conta a pouca distancia entre eles. Criticou tamén o anuncio dun hospital en Pontevedra, “só por unha proposta dun construtor”, sen ter en conta a necesidade, os terreos, servizos, etc.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar