Rexeitan a suba de taxas e a redución de plantas xudiciais porque crean desigualdade social, afastan a xustiza das persoas con menos recursos e do medio rural

Rexeitan a suba de taxas e a redución de plantas xudiciais porque crean desigualdade social, afastan a xustiza das persoas con menos recursos e do medio rural

Rexeitan a suba de taxas e a redución de plantas xudiciais porque crean desigualdade social, afastan a xustiza das persoas con menos recursos e do medio rural

Constituíuse un grupo de traballo con xuristas, representantes profesionais e alcaldes e portavoces do PSdeG-PSOE


Laura Seara, Coordinadora de Institucional e Participación e Marta Giráldez, Secretaria de Dereitos e Liberdades da Executiva do PSdeG-PSOE acusan ao Gallardón de pretender instaurar un sistema de acceso á xustiza en base ao nivel económico

Esixen a Feijóo e a Rueda que pidan ao Goberno de Rajoy que non aplique estes proxectos que prexudican seriamente a Galicia

A lei de Plantas deixaría a Galicia con só 13 xulgados de 43. Lugo e Ourense terían só 2 xulgados cada unha. A dispersión e a renda non se tiveron en conta, o que prexudicaría seriamente a Galicia, nomeadamente ao medio rural

Os socialistas galegos rexeitan a suba de taxas xudiciais e a reforma da Planta Xudicial, proposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial e da que, de seguido, se fixo abandeirado o ministro Gallardón.

Así o fixeron saber en rolda de prensa a Coordinadora da Área Institucional e Participación da Executiva do PSdeG-PSOE, Laura Seara, e a Secretaria de Dereitos e Liberdades, Marta Giráldez, antes da xuntanza de constitución dun Grupo de Análise e Seguimento no que participan especialistas xurídicos, representantes profesionais e sindicais, alcaldes, portavoces e dirixentes locais do PSdeG-PSOE.

Segundo explicou Laura Seara, o Partido Popular pretende, a través da suba de taxas xudiciais, crear un “sistema real de acceso á Xustiza só para as persoas con capacidade económica alta”. Agora o sistema xudicial “non só vai ser lento, senón que tamén vai ser caro”, afirma.

Denuncia a dirixente socialista que esta medida priva ás persoas sen medios económicos suficientes, da interposición de reclamacións xudiciais en defensa dos seus dereitos, ou para combater unha inxustiza.

O sistema que pretende implantar o goberno do PP estende as taxas ás persoas físicas, cando na actualidade só se esixen ás empresas cunha facturación superior aos 8 millóns de euros.

O anteproxecto de lei de Gallardón pretende cobrar 500€ por recorrer unha sentenza do Social. Por recorrer unha multa, 200€ e por reclamar unha neglixencia médica 350€. Son algúns dos exemplos expostos polas dirixentes socialistas na súa comparecencia.

Con isto, denuncia Seara, “estase a limitar claramente aos cidadáns” como recoñece o propio ministro. En definitiva, estase a crear “un novo elemento de diferenza social, con cidadáns de primeira, que podan pagar, e de segunda, os que non teñan recursos”.

Recordan as socialistas que a Xustiza “é clave para o Estado de Dereito”, en tanto que elemento de seguridade para o cidadán, vertebra a sociedade e xera paz social. Funcións que “deixarán de cumprirse se só unha minoría pode acceder a ela”, advirten.

A NOVA LEI DE PLANTA QUE PRETENDE O PP TERÍA CONSECUENCIAS DRAMÁTICAS NAS PROVINCIAS DO INTERIOR

Á discriminación económica que denuncian Seara e Giráldez se suma tamén unah discriminación en función do territorio. A pretensión do Goberno do PP de presentar antes do verán unha Lei de Nova Planta Xudicial, é, afirma Seara, “un ataque gravísimo ao Estado de Dereito” de Gallardón, ao que definiu como “lobo con pel de cordeiro”, ao que xa se lle vai coñecendo a verdadeira pelaxe.

Critican ao ministro que, “baseándose nun informe sen valor xurídico” do Consello Xeral do Poder Xudicial, pretenda facer unha reforma sen reflexión, nin debate e “sen contar cos profesionais, cuxos representantes, como o Consello da Avogacía, xa lle teñen feito chegar a súa queixa”, apunta Marta Giráldez.

En concreto, e sen explicar con claridade os criterios, a reforma que pretende Gallardón deixaría a Galicia con 13 dos 45 xulgados existentes. Especialmente malparadas saen as provincias do interior. “Ourense e Lugo son tratadas coma unha reserva, e quedarían con dous xulgados cada unha”, recrimina Seara aos populares.

Os cidadáns das comarcas do interior terían que desprazarse ata 100 km. para interpoñer unha demanda, que lle podería custar outros 350€, en caso dunha neglixencia médica. A isto habería que sumar o incremento das minutas dos profesionais, obrigados tamén a desprezarse e a molestia para as testemuñas.

Precisamente a concentración “podería levar a desaparecer a moitos profesionais afincados nas poboacións con planta xudicial ou ter que marchar á cidade, afastando este servizo dos cidadáns do rural”, apuntou Giráldez.

A dispersión xeográfica, o avellentamento poboacional e as pensións máis baixas do Estado non se teñen en conta no informe que fixo seu o ministro de Xustiza. Pero afastar os edificios xudiciais, “afástase o referente da Xustiza e afástase de facto a Xustiza dos cidadáns”, reprochan as dirixentes socialistas aos populares.

Esixen a Feijóo e ao Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quen se pronunciou a favor de que o Goberno escoite ás Comunidades Autónomas á hora de reformar a Planta Xudicial respalden a petición socialista de que “retiren o anteproxecto de lei de taxas Xudiciais e non entren a modificar plantas xudiciais”, porque ademais, considera Seara, “non é o momento deste debate, que foi mal plantexado, con moi pouco coñecemento do territorio e das súas xentes”.

De non ser así o PP de Galicia e de España estaría apostando por unha Galicia dual, “un país desiquilibrado territorial, económica e xudicialmente falando”.

A PROPOSTA SOCIALISTA

Marta Giráldez, Secretaria de Dereitos e Liberdades do PSdeG-PSOE, afirmou que, para modernizar a Xustiza, non é preciso modificar as plantas, “nin introducir o copago xudicial”.

Os socialistas propoñen reformas no procedemento e na regulación das solucións extraxudiciais, axilizar as execucións de sentenzas, racionalizar os medios materiais e humanos e a dotación de suficientes medios económicos.

Para as dirixentes socialistas que coordinarán o grupo de análise e estudo convocado hoxe na sede da Executiva socialista “o PSdeG pretende unha reforma da Xustiza para mellorar un dereito constitucional”.

Propoñen Seara e Giráldez a Gallardón que “saque do caixón” o informe do anterior Goberno de España para a reforma da Planta Xudicial no que “non se propoñía eliminar ningún xulgado”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar