Rexeitan a redución de prazas en Medicina e esixen o cumprimento do acordo parlamentario en vigor

Rexeitan a redución de prazas en Medicina e esixen o cumprimento do acordo parlamentario en vigor

Rexeitan a redución de prazas en Medicina e esixen o cumprimento do acordo parlamentario en vigor

O Portavoz de Educación do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusa á Xunta de decretar unha redución de prazas en primeiro de Medicina, de 400 a 380, á marxe do acordo consensuado na Cámara autonómica

Unha medida en contra de todos os estudos sobre as necesidades de facultativos a partires de 2015 e inexplicable, tratándose dunha das carreiras con mellor saída laboral

O deputado socialista advirte que derivar alumnos a titulacións con menor saída profesional e a alta demanda que se derive do progresivo avellentamento da poboación fan que “o custe de oportunidade desta medida sexa moi alto” para Galicia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, recriminou ao Goberno da Xunta que teña decretado, á marxe do acordo parlamentario en vigor, unha redución do 5% nas prazas de primeiro ano de Medicina. Pasarían así a 380 en lugar de 400.

O Parlamento ten aprobado por unanimidade unha proposición non de lei socialista pola que se instaba á Xunta a elevar o número de prazas en primeiro curso de Medicina de Santiago a 400 no curso 2010-2011.

Respondendo á demanda dos estudantes e das necesidades futuras de médicos, no curso 2011-2012, mantivéronse estas prazas.

Cando polos mesmos motivos o razoable sería un incremento progresivo destas prazas,a Xunta decreta a redución de prazas a 380. En virtude da creación dun Consello de Docencia Clínica e do estudo dun informe da Consellería de Sanidade, que non se fixo público e que Fernández Leiceaga esixiu formalmente.

Unha decisión que o deputado socialista non entende e, da que, ao seu xuízo, non recibiu unha explicación axeitada do Secretario Xeral de Universidades. Polo menos non máis alá de que se trata dunha “decisión política”.

O parlamentario socialista anunciou que o seu grupo seguirá defendendo a vixencia do acordo da Cámara e continuará cos trámites parlamentarios precisos para esixir o seu cumprimento.

Leiceaga manifestou o seu interese por coñecer o informe no que se sustenta a decisión de reducir o número de prazas en Medicina, e que o Goberno non entregou á Comisión. Sobre todo porque contradí todos os informes e estudos universitarios que ata o de agora se tiveran en conta e que prevén un incremento da demanda de facultativos e persoal sanitario a partires de 2015-16.

Ao mesmo tempo o portavoz de Educación do Grupo Socialista esgrimiu outros argumentos inapelables, como a demografía, xa que o avellentamento da poboación á que está abocada Galicia requirirá maior atención sanitaria. Falou tamén dos datos da propia Consellería de Educación relativos á inserción laboral dos titulados universitarios nos dous primeiros anos de finalizar a carreira. En Ciencias da Saúde está no 81,4%, un 21% máis alto que o resto de carreiras.

Proponse Leiceaga coñecer “os argumentos do devandito documento que contradí unha política baseada en informes rigorosos que falan de necesidades de máis médicos a partir de 2015”.

PERXUÍZOS PARA OS ALUMNOS, AS FAMILIAS E O EMPREGO

Para o deputado socialista, a decisión da Xunta, prexudica aos alumnos que queren estudar esta carreira, pola súa alta saída profesional, e os condena a outras carreiras que teñen menos saídas. De actuar sobre algunha carreira “non sería lóxico empezar pola que mellor saída profesional está a demostrar, senón polas que están moi por baixo de Medicina”, dixo.

Ao mesmo tempo, con esta medida “como sucede con outras derivadas dos recortes” se contribúe ao elitismo económico, ao encarecer o acceso á carreira que queren estudar os alumnos con mellor preparación, que ou ben van a outras comunidades, ou teñen que optar por outras carreiras se as súas familias non poden costear o traslado.

O “custe de oportunidade é moi alto”, afirma Leiceaga, xa que a maioría dos alumnos terán que optar por titulacións con menor rendemento social.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar