Rexeitan a petición para que se priorizaran as axudas ás entidades que prestan atención aos anciáns que padecen situacións de dependencia e de precariedade económica no exterior

Rexeitan a petición para que se priorizaran as axudas ás entidades que prestan atención aos anciáns que padecen situacións de dependencia e de precariedade económica no exterior

Rexeitan a petición para que se priorizaran as axudas ás entidades que prestan atención aos anciáns que padecen situacións de dependencia e de precariedade económica no exterior

A deputada socialista, Marisol Soneira, recriminan os recortes de máis dun 44% na Secretaría de Emigración e poñen o acento en que a súa iniciativa o que pretendía era priorizar eses recursos para as entidades que atenden a maiores que, doutro xeito se verían na indixencia e na rúa, na maioría dos casos

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista reprocha ao PP que destinaran o ano pasado só 125.000 euros ao programa 1, mentres se gastaron 700.000 euros para clases, bailes, festas, arranxos de locais, cursos, etc.

A parlamentaria pide que se lle dea a volta ao investimento e vaia a cantidade principal para os centros de atención, nomeadamente o Hogar Español de Ancianos, de Montevideo e o Hogar Gallego para Ancianos de Domselar de Bos Aires

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de recriminar o voto negativo dos populares, impedindo a aprobación da proposición non de lei que defendía en Comisión e en virtude da que se instaba á xunta a dar prioridade absoluta, á hora de dotar economicamente os disitintos programas destinados á emigración, ás entidades que prestan atención ós galegos maiores que viven en precarias condicións económicas, sanitarias e sociais. En concreto, reclamaba convenios específicos co Hogar Español de Ancianos de Montevideo e co Hogar Gallego para Ancianos Domselar de Bos Aires”.

A deputada socialista, que tachou de “brutais” os recortes de máis do 44% da Secretaría Xeral de Emigración, recriminou ao voceiro popular, Antonio Fernández Miranda, que o seu grupo impedira que prosperase esta iniciativa que o que pretendía era “priorizar eses recursos para as entidades que atenden a maiores que, doutro xeito se verían na indixencia e na rúa, na maioría dos casos”.

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista reprocha ao PP que destinaran o ano pasado só 125.000 euros ao programa 1, mentres se gastaron 700.000 euros para clases, bailes, festas, arranxos de locais, cursos, etc.

A intención dos socialistas era “garantir un financiamento estable e previsible que garanta unha xestión ordenada e planificada deles”. Soneira propón “comprometer ás entidades galegas no exterior nesta mesma finalidade e a concentrar e coordinar as súas actividades e iniciativas, co fin de optimizar os recursos que poidan recibir das distintas administracións”. Trátase de “darlle a volta ao investimento e vaia a cantidade principal para os centros de atención”, aseverou.

Sinala que este tipo de centros “prestan axuda a galegos maiores con escasos recursos económicos, en situación de abandono ou en risco de exclusión social”. Sinala que estas iniciativas constitúen un “orgullo” por canto amosan unha “imaxe solidaria de España e de Galicia para cos seus emigrantes”.

DESFIBRILADOR E REVISTAS

A parlamentaria socialista rexeitou as argumentacións dos populares para negar o apio á súa iniciativa e afeou o destino de algunhas axudas para, por exemplo, “un desfibrilador” para unha entidade a cuxos socios, en vista dos vehículos que aparcan, non lles resultaría pagar “a escote” este aparato sanitario “ou incluso un quirófano completo”, ironizou Soneira.

Tamén criticou que, mentres a entidade uruguaia é a primeira vez que acede a convenio, e as demais se teñen que someter a subvencións se teñan destinado 300.000€ a comunicacións dos centros galegos, en definitiva, case tres veces máis “a revistas” que o destinado á cobertura deses anciáns con necesidades económicas críticas, sentenciou.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar