Rexeitan a LOMCE por tratarse dunha reforma fondamente ideolóxica do PP que prima o ensino privado e concertado sobre o público de calidade

Rexeitan a LOMCE por tratarse dunha reforma fondamente ideolóxica do PP que prima o ensino privado e concertado sobre o público de calidade

Rexeitan a LOMCE por tratarse dunha reforma fondamente ideolóxica do PP que prima o ensino privado e concertado sobre o público de calidade

Vicente Docasar, que preguntou a Jesús Vázquez sobre a posición de Galicia na Sectorial onde Wert presentou o anteproxecto de lei, acusa ao Goberno de caer na tentación de empregar a maioría apra facer unha reforma escoitando á FAES e á Conferencia Episcopal

O portavoz de Educación do Grupo Socialista apelou ao sosiego e ao sentido común á hora de iniciar unha reforma porque non hai un país en Europa que teña mareado tanto o seu Sistema Educativo

O parlamentario socialista, Vicente Docasar, ven de denunciar a alarma social que está a xerar o anteproxecto de lei da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, presentado polo ministro Wert ás comunidades autónomas en Conferencia Sectorial e pola que preguntou ao Conselleiro en Pleno o voceiro de Educación socialista.

Docasar advirte do risco de que a maioría da que dispoñen os populares lles faga “caer na tentación” de facer unha nova lei “profundamente ideolóxica” e de partido, escoitando só aos ideólogos da Fundación FAES, ás patronais do ensino privado e á Conferencia Episcopal. “Creo que non é unha boa decisión” dixo dirixíndose ao Conselleiro Vázquez.

Os socialistas afirman que a LOMCE primará claramente ó ensino privado e concertado sobre o público de calidade, subvencionará a centros que segregan ao alumnado por sexo, xerará conflitos nas comunidades con lingua propia, recortará a democracia nos centros, “convertendo ó Consello Escolar nun floreiro”, deixará tirados aso alumnos con dificultades de aprendizaxe e converterá aos estudantes de FP en man de obra barata.

En definitiva, fará do Sistema Educativo unha carreira de obstáculos que conlevará un maior índice de fracaso escolar.

O deputado socialista denunciou que “non hai un país en Europa que teña mareado tanto o seu Sistema Educativo”, entre os máis sometidos a cambios do noso entorno, cuestión na que poden residir moitos dos males que lle afectan.

O Sistema Educativo “non precisa de toros bravos”, segundo o portavoz socialista, que apela ao “sentido común e ao sosiego”, “porque así o demanda a comunidade educativa, tanto en Galicia como en España”.

IMPLICACIÓN DO PROFESORADO

O portavoz de Educación do Grupo Socialista sinalou ao Conselleiro Vázquez como obxectivo fundamental da consellería de Educación a implicación do profesorado, porque “é imprescindible para o bo funcionamento do Sistema Educativo.

Docasar acusou ao Goberno do PP de vir atacando aos profesionais da Educación coa posta en marcha de medidas como o aumento de alumnos por aula, co recorte de medios humanos e materiais, a ampliación da xornada laboral, o recorte dos salarios ou a obriga de impartir afines para as que non se senten preparados.

Engadiu o deputado socialista a esta lista que o Goberno do PP está “impedindo aos profesionais poñerse enfermos, pois senón non cobran”, e mesmo os “desacredita en público ante o conxunto da sociedade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar