Rexeitan a Lei de Xuventude por valeira de contido, e lamentan a oportunidade perdida para que Galicia tivera un texto lexislativo útil para a mocidade

Rexeitan a Lei de Xuventude por valeira de contido, e lamentan a oportunidade perdida para que Galicia tivera un texto lexislativo útil para a mocidade

Rexeitan a Lei de Xuventude por valeira de contido, e lamentan a oportunidade perdida para que Galicia tivera un texto lexislativo útil para a mocidade

Silvia Fraga, portavoz de Xuventude do GP Socialista, critica que a lei se limite a regular o “ocio e o tempo libre” e non aborde a emancipación, o principal problema da mocidade

A deputada reprocha aos populares a escasa permeabilidade ás emendas socialistas en materia de emprego, educación e vivenda

Acusa aos populares de querer un tecido asociativo xuvenil menos independente

A deputada socialista reprochou ao Grupo Popular e ao Goberno que das escasas 18 emendas aprobadas ao seu grupo das 72 presentadas e “ningunha de carácter substancial”.

“Dende o primeiro momento estiveron vostedes pechados á posibilidade de enriquecer un texto ao que lle facía moita fala”, acusou Fraga Santos aos populares.

Para os socialistas, tense perdido unha grande oportunidade. “Mágoa que unha moi boa nova como que se tramite unha lei de Xuventude sexa unha mala nova, porque non vai servir para nada”.

Este carácter ineficiente da lei ven marcado pola política de xuventude do PP, segundo Silvia Fraga, que compara o texto lexislativo debatido hoxe ao Plan Estratéxico do Goberno, “ambos son papel mollado”, dixo.

A principal eiva da política de Xuventude da Xunta é que deixa de lado o principal problema da mocidade, a emancipación. Así o pensa a portavoz socialista no trámite da lei, que acusa aos populares de centrar a xestión en Xuventude en “políticas de campamento, de ocio e tempo libre”.

A deputada socialista salientou o emprego e a vivenda como os principais problemas da mocidade.

Os socialistas, apuntou Fraga Santos, propuxeron 60 medidas en materia de emprego, “que foron todas rexeitadas” , ao igual que as doce relativas á vivenda, materia á que a Lei de Xuventude “deica só cinco liñas”, recrimina ao Goberno e aos populares.

Tamén salienta a deputada socialista o escaso compromiso coa formación e a educación, que se atopa ante un panorama de anuncio de suba de taxas, descenso do número de bolsas e ameaza de que a concesión non estea suxeita a criterios socioeconómicos.

Critica Silvia Fraga que a política demográfica dos populares evidencia o papel que garda para a muller moza, “que quede ou regrese para a casa, a ter fillos e coidar maiores, e non se propoñan mellorar a súa formación académica ou profesional”.

Recriminoulle ó Goberno galego e aso populares o apoio á reforma laboral do Goberno que lonxe do seu anuncio de impulsar o emprego, “converte á mocidade en eternos aprendices”.

A parlamentaria socialista tamén acusou ao Grupo Popular de non apoiar as emendas socialistas para a mocidade do medio rural “onde o Goberno propinou un drástico recorte á incorporación de novoas activos ás explotacións agrarias”.

Finalmente, Silvia Fraga reclamou maior atención do Goberno ao tecido asociativo. O texto da Lei de Xuventude, “está demostrando que vostedes queren un tecido asociativo menos independente”.

Concluíu Fraga Santos salientando que, desde o Grupo Socialista, a través das súas 98 emendas, tentaron “facer reflexionar” aos promotores da lei, sobre os “problemas reais e urxentes da mocidade”.

Sen embargo, reprocha a deputada socialista “quedáronse con unha bonita declaración de principios, o cambio de nome a dous ou tres organismos e e pouco máis”. A lei quedou, lamenta Fraga, “nunha proposta propagandística dun Goberno que vive do marketing, e, en ocasións, do hábil manexo da comunicación”.

Lamenta que non se tiveran en conta as propostas socialistas porque “intentamos manter e incrementar a participación xuvenil, dotala de mellores ferramentas para que de verdade fosen copartícipes, codecisores á hora de elaborar as políticas a eles dirixidos”. Aquilo que, afirma a portavoz de Xuventude do Grupo Socialista, “é o que nos demandan a berros nas rúas: máis democracia, máis participación...pero non lles pareceu ben”, recrimina aos populares.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar