Rexeitan a Lei de Vivenda por “desreguladora” e estar “orientada a favorecer mais os intereses privados que os xerais”

Rexeitan a Lei de Vivenda por “desreguladora” e estar “orientada a favorecer mais os intereses privados que os xerais”

Rexeitan a Lei de Vivenda por “desreguladora” e estar “orientada a favorecer mais os intereses privados que os xerais”

Luis Toxo advirte dunha caída de 283 millóns de euros para as políticas de vivenda da Xunta dende a chegada de Feijóo


O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Luis Toxo, rexeitou hoxe a Lei de Vivenda da Xunta por “desreguladora” e por estar “orientada a favorecer mais os intereses privados que os xerais”. O responsable socialista presentou hoxe no Pleno do Parlamento a emenda de devolución da Lei presentada polo Grupo Socialista, que foi rexeitada polo PP, co que a norma continúa o seu trámite.

Rexeitou esta norma por eliminar as garantías ao dereito constitucional a unha vivenda digna, e sinalou que esta Lei “prescribe remedios sen ter feita a diagnose” para mellorar o parque de vivenda pública de Galicia. Así, advertiu que supón a “renuncia a políticas sociais propias” a través da posta en disposición de chan público, mentres “prescinde da necesaria planificación e colaboración conxunta cos concellos”.

En definitiva, explicou que o texto elaborado polo Executivo de Feijóo suprime a reserva de solo, mentres adolece de falla de planificación, provoca inseguridade xurídica e elimina a participación dos gobernos municipais. Criticou que se trate dunha norma de corte liberal que “considera a vivenda mais como unha mercadoría que como un dereito” mentres “prima a propiedade e trata de non intervir no mercado”.

Explicou que o texto “suprime os aspectos sociais e progresistas da norma actualmente en vigor sobre vivenda e introduce elementos reiterativos renunciando á rehabilitación e á vivenda protexida”. Dixo que supón unha “cortiña de fume para tapar un triste balance na política de vivenda de Galicia”.

Orzamento

Toxo lembrou que o goberno de Feijóo ten “achicado en 283 millóns de euros o orzamento destinado á vivenda pública” en tres anos, mentres renuncia ao fomento da rehabilitación de vivenda, que perde un total de 115 millóns de euros no seu orzamento nos últimos tres anos.

Sinalou que a Xunta reduce “ano tras ano” a contía de recursos públicos para vivenda en relación co PIB galego, mentres a memoria económica da Lei presentada hoxe evidencia a súa renuncia a novas actuacións, xa que tan só prevé un gasto de 1,6 millóns de euros para gastos de persoal e tramitacións que xa se están producindo na actualidade.

Reclamou así unha nova Lei que impulse a rehabilitación e o aluguer, aumentando ademais a provisión destinada a vivendas sociais, e instou á Xunta a “superar o papel de espectadores pasivos” para pasar a ordenar o solo urbanizable de forma ordenada.

Concluíu sinalando que “facer mais grande unha cidade ou unha vila nada ten que ver con elevar os seus tellados, ou con facer mais mais ou menos menos vivendas cada ano, ou con dispor de mais ou menos poboación”. Explicou que “unha gran cidade é a que ten mellores cidadáns, bos espazos públicos, equipamentos, servizos, dotacións, cultura, ademais dunha maior cohesión social”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar