Revitalización e desenvolvemento para o medio rural

Revitalización e desenvolvemento para o medio rural

Revitalización e desenvolvemento para o medio rural

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse hoxe en Ribadavia a “impulsar a revitalización do medio rural galego” logo de “sete anos de esmorecemento” polas políticas de Feijóo. Así o dixo nun encontro sectorial con representantes do mundo asociativo do rural e do sector vitivinícola que tivo lugar hoxe en Ribadavia, onde destacou “o diálogo democrático co sector” como clave “para que aqueles que só teñen voz e menos recursos sexan capaces de influír nas decisións finais”. “Necesitamos que o mundo rural en vez de esmorecer esperte e teña futuro, porque iso vai permitir que o noso país vaia adiante”, defendeu. Ao seu xuízo iso permitirá ter “un país máis grande, que pise máis forte, que teña ambición que sexa capaz de defender os seus intereses fóra”.

Leiceaga desgranou os compromisos fixados no proxecto socialista para o desenvolvemento do rural galego, que pasan por valorizar o medio recuperando as condicións de vida das xentes do rural, freando o abandono de terras e apoiando para iso as iniciativas de emprendemento e a mobilidade de terras.

Fronte á inacción dos gobernos de Feijóo, os socialistas comprométense, dixo a definir un modelo de planificación para cada espazo rural partindo das Directrices de Ordenación do Territorio. Apostou ademais por un modelo de crecemento sustentable, que defenda un sector baseado na innovación e a calidade e fomentando o asociacionismo.

O candidato socialista presentou tamén as propostas socialistas dirixidaw a garantir un mercado equilibrado e prezos xustos que garantan a sustentabilidade do sector vitivinícola galego. defendeu un modelo de viticultura sustentable que aposte polos viñedos ecolóxicos e integre a viticultura co turismo e a gastronomía a través de plans de promoción dentro e fora de Galicia.

Logo de oito anos dun goberno do PP preocupado de beneficiar exclusivamente ás grandes adegas en perxuízo dos viticultores, defendeu un modelo equilibrado que garanta a capacidade produtiva.

Reclamou unha posición de equidade nos prezos para garantir que os produtores non se vexan obrigados a vender o seu produto por debaixo do prezo de produción e así impoñer unha agricultura “de calidade, moderna, xeradora de emprego e innovadora”. Comprometeuse a impulsar un paquete de medidas en defensa dunha relación xusta entre produtores e adegas que incluirá a figura do mediador público.

O candidato socialista protagonizou un encontro sectorial sobre o sector vitivinícola hoxe na localidade ourensá de Ribadavia, no que estivo acompañado do candidato desta mesma localidade Carlos Blanco, nº 4 pola provincia de Ourense, ademáis do representante vitivinícola de Unións Agrarias, José Ramón González, e a cabeza de lista Noela Blanco.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar