Revisar e reavaliar o traslado do 061 e do 112 á Estrada

Revisar e reavaliar o traslado do 061 e do 112 á Estrada

Revisar e reavaliar o traslado do 061 e do 112 á Estrada

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe “revisar e reavaliar” o traslado do 061 e do 112 á Estrada para “impedir que sexan os salarios exiguos dos traballadores os que corran cos gastos derivados das decisións políticas do PP”.

Así o dixo logo dun encontro cos traballadores das dúas centrais de emerxencias xunto co portavoz municipal do PSdeG, Paco Reyes, que tiveron que facer fora das instalacións pola negativa das direccións dos servizos a autorizar unha visita dos representantes do PSdeG aos centros.

O responsable socialista demandou un “uso eficaz dos recursos” e anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias dirixidas ás consellerías de Vicepresidencia e Sanidade para “facelos entrar en razón” sobre esta decisión. Dixo que “garantir que o servizo funcione da forma máis eficaz posible e cos menores custes posibles esixe mantelo en Santiago”.

Fernández Leiceaga sinalou que o proxecto de traslado ao concello de A Estrada “non vai mellorar a calidade do servizo”, e alertou de que o modelo seguido polo goberno galego “fai que os custes do traslado recaian sobre uns traballadores en moitos casos contratados en precario”. Estes van experimentar unha redución intensa do seu salario efectivo “cando falamos do entorno dos 1.000 euros” no caso dos teleoperadores.

Esta decisión afecta directamente a case 300 traballadores e traballadoras que traballan ás ordes de subcontratas privadas ou do sector público e privado de Galicia e que “ofrecen un servizo de enorme calidade a case 3 millóns de galegos e galegas que cada ano realizan millóns de chamadas que dan lugar a operacións de enorme importancia”.

Aldraxe

O portavoz municipal do PSdeG, Paco Reyes, dixo que o traslado é “a historia dunha aldraxe cara aos traballadores e tamén cara a Santiago de Compostela”, que están a baleirar de servizos logo do traslado, lembrou, da central de chamadas da Policía Nacional á Coruña. Dixo que Santiago constitúe un “nó de comunicación, que conta con aeroporto, heliporto, e hospital de referencia” pero que deixará de contar coa central de emerxencias.

Dixo que “este é o pago que a Xunta e o PP lle dan a quen estivo traballando e coordinando as emerxencias aquela noite do 24 de xullo na que tiveron que afrontar o accidente do Alvia”.

Ademais, considera un “despilfarro” un traslado que custará 3,5 millóns só na adaptación das centrais ás novas instalacións da Estrada, e outro millón adicional que custará o traslado do 061 “mentres se lles nega a contratación de novo persoal para manter o servizo coa extraordinaria calidade que demostran cada día”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar