Reversión do Pazo de Meirás á titularidade pública

Reversión do Pazo de Meirás á titularidade pública

Reversión do Pazo de Meirás á titularidade pública

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamou hoxe a recuperación do Pazo de Meirás á titularidade pública, o que “tería un efecto terapéutico sobre a sociedade”. Así o dixo no debate dunha Proposición de Lei para rematar coa “propiedade e desfrute ilexítima” do inmoble pola familia Franco, que supón “unha clara anomalía histórica que debe terminar”.

Burgo reivindicou “buscar unha maneira de que se faga xustiza e a propiedade sexa pública, pero de ningunha maneira pode pagarse por unha expropiación, porque dar diñeiro público de novo á familia Franco sería un novo espolio”. Reclamou rematar co “insulto á cidadanía” que supón que “unha parte da sociedade considere normal que a neta de Franco saia no verán na portada de Hola presumindo da súa propiedade”.

A responsable socialista criticou que o PP teña rexeitado hoxe esta iniciativa parlamentaria que afrontaba o “macro espolio que durou décadas” coa historia da adquisición do pazo en base a coaccións e ameazas sobre a poboación, a adquisición de fondos baixo ameaza. É a historia, dixo, das expropiacións forzosas e falsas compravendas, ademais do espolio da biblioteca de Emilia Pardo Bazán e a destrución de parte dos seus fondos.

Visita ao Pazo

A responsable socialista aludiu á inminente visita ao Pazo de Meirás polos integrantes da Comisión de Cultura, o próximo venres, onde “veremos se o relato que se lle fai aos visitantes está manipulado falando tan só de dona Emilia Pardo Bazán, coma se Franco nunca estivera alí”.

Lembrou que estas visitas son posibles grazas á declaración do pazo como BIC polo goberno de PSdeG e BNG, e a pesares dos inconvenientes impostos pola familia de Franco, que o intentaron frear nos tribunais e entorpeceron o traballo dos técnicos. Advertiu que as visitas ás que a súa condición obriga “nunca se desenvolveron con normalidade”.

A familia do ditador, sinalou, permite visitas de poucas persoas ao día, reduce os espazos a visitar e as paraliza no mes de agosto, mentres “a Xunta hai que dicir que sempre estivo disposta a compracer a Carmen Franco” pagando a seguridade e os guías dende 2011, permitindo os peches e “non facendo nada cando pararon as visitas con argucias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar