Reunión de traballo con CCOO: Pachi Vázquez propón centrar o debate político no emprego, os créditos e a garantía dos servizos públicos

Reunión de traballo con CCOO: Pachi Vázquez propón centrar o debate político no emprego, os créditos e a garantía dos servizos públicos

Reunión de traballo con CCOO: Pachi Vázquez propón centrar o debate político no emprego, os créditos e a garantía dos servizos públicos

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dividiu a proposta de traballo dos socialistas galegos en tres compoñentes que supoñen o 90% de calquera persoa, familia ou empresa e o PP mantén ausentes da política galega: o emprego, o crédito e os servizos públicos.

Así llo trasladou o dirixente socialista ao Secretario Xeral de CCOO Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, logo da reunión que mantiveron, xunto con responsable de ambas organizacións na sede nacional do sindicato en Santiago. Por parte socialista, acompañaron a Pachi Vázquez o Secretario de Organización e portavoz de Medio Rural no Grupo Parlamentario, Pablo García; a viceportavoz e Secretaria de Coordinación Económica e Promoción de Emprego, Carmen Gallego; O Portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada; María Quintas, portavoz parlamentaria de emprego e José Luis Méndez, de Industria.

Para Vázquez, “non é soportable” unha sociedade co 60% de desemprego xuvenil, onde se lle di á mocidade que ten que coller a maleta e marchar e onde non se lle da unha soa saída.

Familias, pequenas e grandes empresas son incapaces de acceder a un só euro de crédito para poñer en marcha un novo modelo económico, denunciou o máximo responsable do PSdeG. “A xente non entende como saímos ao rescate de entidades bancarias, 9.000 millóns de euros para NGB, e nin un só euro para as familias e empresas deste país”, recriminou Vázquez aos Goberno de Rajoy e Feijóo.

A xente non entende, continuou, que o BCE dea diñeiro á Banca ao 0,5% para que compre débeda pública ao 4% e non haxa un só euro para as familias e para as empresas.

Vázquez remitiuse á entrevista do expresidente Aznar para definir a estratexia dos populares desde o Goberno de España e da Xunta. Aznar “dixo que o que hai que facer e baixar impostos”, pero, advirte Vázquez, “o que non di é a segunda parte, baixalos para deixar de financiar o pouco que deixan estes goberno de dereitos e servizos públicos como Sanidade, Educación e Políticias Sociais”. O Secretario Xeral do PSdeG acusa aos populares de querer a “destrución total do sistema público”.

Coinciden os socialistas con CCOO en que, “en lugar de falar de elementos que non lle interesan nada, temos que conseguir que o Goberno e o Parlamento de Galicia empece a falar dos problemas que atinxen a practicamente ao 100% da xente deste país”, propuxo Pachi Vázquez. Reivindicou o socialista a volta á “política con maiúsculas” e falar de emprego, créditos e garantía dos Servizos Públicos.

EXCLUSIÓN SOCIAL

Pachi Vázquez, propuxo “ir cara un sistema de protección da exclusión social” fronte a unha dereita gobernante dereita gobernante que pretende deixar a unha parte dos desempregados en exclusión social, sen ningún tipo de prestación e de oportunidade de dignidade laboral. Recordou que en Galicia xa existen 187.000 desempregados que non perciben ningunha prestación.

PROPOSTAS

Reprochou Vázquez a Feijóo viaxar a Cuba “a buscar no sei que”, cando temos un país que se está a “desangrar”, sen solucións para o TAX LEASE, onde os contratos de PEMEX seguen sen aparecer, o Sistema Financeiro galego escápase entre os dedos e NGB ou Caja España deixan a miles de familias sen crédito e sen prestacións e onde T-Solar, Fábrica de Armas, Pescanova... dan unha visión real dunha Galicia que se desmorona e dun Goberno que “non está para nada na solución dos problemas”.

O dirixente socialista agradeceu as propostas e achegas de CCOO e reiterou a vontade do PSdeG-PSOE de “traballar e seguir facendo propostas das cousas que lle preocupan á xente”.

Propuxo a creación dun Instituto Galego de Finanzas, de carácter público, que facilite o crédito ás familias, PEMES e grandes empresas. Criticou que o IGAPE só execute o 30% dos seus recursos. Preguntouse como se pode entender esta circunstancia no momento en que os pequenos e medianos empresarios non teñen acceso ao crédito.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar