Retrasos na comunicación das medidas contra a polilla guatemalteca

Retrasos na comunicación das medidas contra a polilla guatemalteca

Retrasos na comunicación das medidas contra a polilla guatemalteca

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, alertou hoxe de retrasos na entrega da documentación do goberno galego aos agricultores coas medidas previstas para loitar contra a polilla guatemalteca, que afecta ás explotacións de pataca de 31 concellos do norte de Galicia.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento sobre as medidas postas en marcha polo Executivo contra este problema que pon en risco unha das principais producións agrícolas de Galicia. Sinalou así da lentitude do Executivo ao afrontar esta crise e alertou do risco que supoñen as producións destinadas ao autoconsumo, máis difíciles de monitorizar.

Alerta de que a lentitude administrativa “é a mellor axuda” a unha especie invasora agresiva, que pasou de afectar a un concello de Ferrolterra en 2015 a case 40 hoxe -31 en Galicia e o resto en Asturias-.

Reclamoulle ao goberno galego que poña en marcha un Plan de Investigación coa Universidade e os centros de investigación que estime oportuno para desenvolver medidas axeitadas para controlar e erradicar a praga. Ademais, demanda as partidas orzamentarias precisas para atender aos afectados e cubrir danos futuros, así como unha campaña de información dirixida aos grandes e pequenos produtores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar