Retrasos intolerables no pago das axudas para vítimas de violencia de xénero

Retrasos intolerables no pago das axudas para vítimas de violencia de xénero

Retrasos intolerables no pago das axudas para vítimas de violencia de xénero

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, salientou hoxe os diversos problemas das axudas institucionais para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Na comparecencia da secretaria xeral de Igualdade en Comisión parlamentaria, advertiu retrasos intolerables, con casos de mulleres que en setembro aínda non percibiron as axudas concedidas en maio.

Acuña advirte que o escaso crédito de 578.000 euros previsto polo goberno galego para estes casos esgotouse ao comezo do ano, co que as mulleres que aínda non o percibiran teñen que agardar ata medio ano a que a Xunta aprobe a ampliación de crédito. Neste caso, a contía orixinal tivo que ser incrementada en 308.000 euros de acordo cunha orde publicada no DOG a 28 de agosto.

A deputada socialista denunciou esta situación coas axudas ás vítimas que o goberno galego cifrara no mes de marzo en 2,2 millóns de euros, e que ficaron en 1,75 repartidos ademais nos 578.000 de 2015 e supostamente 1,17 millóns para 2016.

Este é sen embargo tan só un dos múltiples problemas que soportan estas mulleres, cunhas partidas que non son accesibles todo o ano, polo que reclamou que tanto a concesión como a ampliación do crédito sexa ordeada de xeito inmediato polo goberno.

Acuña reclamou tamén que se permita acceder ás mesmas a tódalas mulleres, e lembrou que hoxe quedan excluídas as que teñan débedas previas, moitas delas contraídas polo maltratador. Tamén quedan fora ás reincidentes, responsabilizándoas de ter topado con dous maltratadores, e as que carezan de permiso de residencia, deixando fora ás mulleres que pertencen ao mundo da prostitución, carecen de permiso e aínda así son maltratadas.

A responsable socialista criticou a resistencia do goberno galego a ofrecer datos sobre as vítimas coa axuda concedida pero que non a perciben, así como o tempo que levan nesta difícil situación.

Denuncias

Acuña advertiu ademais que dun total de 1.295 denuncias plantexadas no primeiro semestre do ano, tan só 339 acadaron algunha medida de protección, e só 142 obtiveron axudas. Esixiulle ao goberno galego que explique “qué pasou co resto das mulleres vítimas que sumaron as preto de 1.300 denuncias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar