Retrasos, inconcreción e falla de compromiso na ampliación da Edar de Praceres

Retrasos, inconcreción e falla de compromiso na ampliación da Edar de Praceres

A deputada socialista Patricia Vilán criticou hoxe os continuos “retrasos, inconcreción e falla de compromiso” demostrados pola Xunta na ampliación da Edar de Os Praceres, fundamental para mellorar o saneamento da Ría de Pontevedra. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente logo do anuncio de investimento de 45 millóns por parte da Xunta, aínda sen concretar.

A deputada socialista lembrou que ata o momento o único compromiso amosado polo presidente da Xunta foron os 15 millóns de euros que supostamente vai investir Ence nesta estación depuradora que recibe as augas residuais de Pontevedra, Marín e parte dos concellos de Poio, Sanxenxo e Vilaboa. Este investimento, lembrou, estaría incluído entre as condicións para ampliar a concesión da pasteira durante 60 anos máis.

Vilán sinalou tamén o investimento anunciado polo goberno galego de 43,5 millóns de euros, boa parte deles correspondentes a Fondos Europeos Feder, e preguntou canta desta contía corresponderíalle ao goberno galego e, sobre todo, “para cándo teñen previsto executar a ampliación”.

Lembrou que a marxe da Ría de Pontevedra á que verte esta depuradora foi declarada sensible en 2001, e dende 2014 rexistra zonas C de contaminación, co que considera “un pouco longo” o retraso da Xunta no cumprimento do seu compromiso de mellorar a depuración dunha estación que xa ten superado con moito a súa capacidade.

Frustración

Lembrou a frustración demostrada polos mariscadores e bateeiros que se teñen reunido coa conselleira de Medio Ambiente hai 20 días, derivada da “falla de inmediatez nas medidas a aplicar, pois ese gran problema repercute nos seus ingresos dende 2001”.

Advertiu que o único compromiso certo do goberno galego foi a comezar coa elaboración do proxecto de ampliación “e non coas obras” antes de que remate este ano, polo que esixiu prazos de execución e que “expliquen se realmente van executar o cen por cen dos 38 millóns de euros comprometidos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar