Retrasos e recorte de orzamentos e produtos no Plan de Axuda aos mais necesitados

Retrasos e recorte de orzamentos e produtos no Plan de Axuda aos mais necesitados

Retrasos e recorte de orzamentos e produtos no Plan de Axuda aos mais necesitados

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, alertou dos retrasos e recorte nos orzamentos e produtos repartidos a través do Plan de Axuda Alimentaria aos Mais Necesitados. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei socialista para recuperar os niveis de axuda ás persoas con mais necesidades, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista advertiu que estas achegas, que son xestionadas polas ONGs en colaboración cos concellos, aínda non foron abonadas, malia que deben ser repartidas en tres prazos correspondentes a febreiro, xuño e outubro.

Explicou que a conselleira de Benestar participou nun encontro celebrado en marzo en Madrid, no cal non se fixaron os criterios de reparto e se falou de crear un grupo de traballo e ata hoxe non se saben nin criterios de reparto, nin a cuantia que lle poidera corresponder a Galicia.

A este retraso súmase o recorte nas achegas deste plan de axuda, establecido pola UE e xestionado a través do Fondo Español de garantía Agrícola, que reduciu en 33 millóns de euros o orzamento previsto para o período 2014 – 2020 con relación ao anterior 2007 – 2013.

O último dos recortes destas axudas, explicou Gallego, corresponde aos produtos incluídos na cesta de axudas no pasado ano 2014, que pasou de 14 a tan só 9, excluíndo alimentos tan importantes como o aceite, os garavanzos, o queixo, a froita en conserva sen azucre engadido e os cereais infantís.

Gallego advertiu que este recorte prodúcese no peor momento para milleiros de familias galegas, co 24 por cento do total da poboación -mais de 670.000 persoas- en risco de pobreza e exclusión social, de acordo coa taxa Arope, e cos concellos sen recursos para afrontar este tipo de situacións de emerxencia.

A responsable socialista trasladou a fonda preocupación dos concellos galegos, que xa entrado o mes de abril non saben aínda non dispoñen destas axudas, ademais de que non saben cómo deben ser repartidas nin qué tipo de alimentos poden incluír na cesta de axudas.

Iniciativa

Os socialistas reclamaban o reforzo do financiamento público destinado a garantir ás persoas mais necesitadas alimentos básicos de calidade a través do orzamentos do Estado “no marco de políticas de cohesión para a inclusión social e ao apoio aos servizos sociais de integración prestados polas administracións públicas e entidades asociativas colaboradoras para a atención dos colectivos afectados”.

Tamén reclamaba que o Plan de axuda alimentaria para 2015 proporcione aos seus beneficiarios unha cantidade de produtos básicos suficiente para cubrir as súas necesidades e que o Plan de Axuda para este ano proporcione unha calidade e variedade de produtos igual o superior á que se viña ofrecendo ata agora.

Gallego explicou que esta iniciativa, presentada no ano pasado, foi levada a comisión neste mes de abril logo de ter recibido a alerta dos concellos e entidades afectadas polo desleixo do goberno galego no reparto das axudas, que recibiron a ultima entrega de alimentos en outubro de 2014 e xa tinan que haber recibido en febreiro deste ano a primeira das 3 entregas correspondentes a 2015.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar