Restitución inmediata de Uroloxía no Hospital de Lugo

Restitución inmediata de Uroloxía no Hospital de Lugo

Restitución inmediata de Uroloxía no Hospital de Lugo

HulaA deputada socialista Concepción Burgo esixiulle hoxe ao goberno galego que restableza o servizo de Uroloxía no Hospital de Lugo, así como a apertura das 136 camas pechadas no verán, que ven de prorrogarse un mes mais. A deputada luguesa presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para denunciar o novo recorte na sanidade de Lugo.

Burgo denuncia unha “intolerable discriminación sanitaria” cos cidadáns de Lugo por parte do goberno de Feijóo, dentro do seu “camiño imparable cara á destrución da sanidade pública e a súa substitución pola privada”. Considera “inaceptable” que o presidente da Xunta “non soamente incumpre a promesa de instalar radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas, senón que agora restrinxe os servizos do Hula”.

A diminución continua da calidade asistencial provoca un aumento das derivacións de pacientes á sanidade privada, o incremento da presión asistencial aos traballadores, cunha plantilla cada vez mais reducida, e a redución imparable de prestacións.

Concepción Burgo lembra que a xerencia do Hula pechou en xuño 136 camas de Medicina Interna, Cirurxía Xeral, Xeriatría e Uroloxía, previsto inicialmente ata o 15 de setembro e que “agora sabemos que vai seguir como mínimo un mes mais a pesares das necesidades de hospitalización”. A decisión veuse agravada pola noticia da desaparición da unidade de Uroloxía, co traslado dos pacientes a Traumatoloxía.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar