Restauración das condicións dos traballadores da sanidade

Restauración das condicións dos traballadores da sanidade

Restauración das condicións dos traballadores da sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao goberno galego que recupere as condicións laborais suspendidas aos traballadores da sanidade pública en 2009. O responsable socialista lembra que os acordos de condicións laborais paralizados supuxeron unha merma na calidade asistencial.

Torrado mantivo un encontro cos sindicatos da sanidade pública –CIG-Saúde, CC.OO., CSIF, SATSE e UGT-, no que tamén participou o portavoz de Función Pública, Juan Díaz Villoslada, e no que se comprometeron a converter as súas reclamacións en iniciativas parlamentarias para levar a súa voz á Cámara autonómica.

Coincidiu con estes traballadores en que “se o argumento para suspender os acordos foi a crise económica, agora que esta –de acordo co goberno- está a rematar é o momento de recuperar o diálogo cos traballadores”.

O responsable socialistas puntualizou que logo de 8 anos o goberno decidiu aumentar o salario do presidente da Xunta nun 7,5 por cento e o dos altos cargos nun 7 por cento “mentres os traballadores e traballadoras da sanidade continúan agardando pola recuperación das súas retribucións e condicións laborais”.

Advirte que resulta “imposible” ofrecer un servizo de calidade con traballo “a quendas, domingos e festivos e con horarios leoninos” para quen ofrece un servizo “básico para toda a poboación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar