Responsabilizan a Feijóo de que os produtores de leite comecen a tirar dous millóns de euros diarios e esíxenlle que defenda a un sector do que dependen 65.000 empregos

Responsabilizan a Feijóo de que os produtores de leite comecen a tirar dous millóns de euros diarios e esíxenlle que defenda a un sector do que dependen 65.000 empregos

Responsabilizan a Feijóo de que os produtores de leite comecen a tirar dous millóns de euros diarios e esíxenlle que defenda a un sector do que dependen 65.000 empregos

Pablo García reprocha a falta de resposta do Xefe do Executivo galego ante este problema e ante a histórica decisión do sector de paralizar as entregas e tirar seis millóns de litros ao día

Galicia soporta prezos por litro 3 e 4 céntimos por baixo da media. O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista recrimina a Feijóo que vaia a Brasil ou a negociar o tax lease e non se sente esta tarde a unha xuntanza para resolver algo do que a Xunta ten todas as competencias transferidas

O Secretario de Organización do PSdeG manifestou a solidariedade dos socialistas galegos cos produtores e a súa participación nas mobilizacións que se convoquen en paralelo á paralización das entregas de leite

O portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista e Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García ven de esixir ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “se poña ao fronte da defensa do sector lácteo galego” e que presida a reunión que esta tarde manterán produtores, industria e distribuidores do sector lácteo, na procura dun acordo sobre os prezos que evite que mañá se faga efectiva a advertencia dos gandeiros de deixar de entregar o leite. Unha decisión histórica que os produtores nunca se viran antes abocados a tomar.

Galicia produce seis millóns de litros ao día, o que suporía que, diariamente, se tirarían dous millóns de euros, estima García. O deputado socialista fai a Feijóo responsable da mobilización gandeira, xa que agás mencións en roldas de prensa dos consellos ou nalgún mitin, o presidente galego “non aportou nin unha soa medida respecto ao problema” do sector lácteo galego.

De non acudir á reunión desta tarde, “recaerá sobre as costas de Feijóo” a perda de dous millóns de euros diarios, así como a ruína dun sector con 11.000 explotacións e 65.000 postos de traballo. “Non pode mirar para outro lado, debe encabezar esa reunión e levar unha resposta clara e contundente”, insistiu Pablo García.

Na situación económica na que se atopa Galicia, os socialistas consideran incomprensible que non se faga nada para evitar a perda de millóns de euros que se van tirar a partir de mañá. Para isto, non fan falla viaxes a Brasil, nin negociar con Bruxelas, como co Tax Lease, dixo recordando o interese de Feijóo en viaxar por cuestións que exceden as súas competencias e reprochándolle ao Presidente da Xunta que non se sente en Santiago para falar co sector, cando a Xunta “ten desde fai moito tempo competencias plenas en materia de Agricultura”. “O que ten que facer é o seu traballo, cousa que non fixo”, sentenciou.

A comunidade galega, a pesares de ser a de maior produción, cobre o leite 3 ou 4 céntimos por litro por baixo da media española. “Se Feijóo non sabe como remediar isto, que lle pregunte aos outros presidentes”, ironizou García.

O Secretario de Organización dos socialistas galegos expresou tamén a solidariedade do PSdeG cos produtores de leite e anunciou a participación do seu partido en todas as mobilizacións que, de xeito paralelo á paralización da entrega do leite, convoquen os gandeiros. “Rexeitamos que a gran distribución, por un lado exalte a galeguidade nos seus anuncios publicitarios e logo encabece os prezos máis baixos”, dixo en relación ó emprego do leite a baixo prezo como produto cebo para atraer ao consumidor.

Como portavoz responsable de Medio Rural o parlamentario Pablo García recordou as iniciativas presentadas polo seu grupo en defensa dos produtores e anunciou novas iniciativas, entre elas a inmediata comparecencia do Goberno, unha vez constituído para dar conta sobre o que consideran os socialistas “un dos principais problemas deste país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar