Respaldo ás protestas do ensino contra a reforma universitaria

Respaldo ás protestas do ensino contra a reforma universitaria

Respaldo ás protestas do ensino contra a reforma universitaria

UniversidadeO secretario de Educación do PSdeG-PSOE, Vicente Docasar, trasladou hoxe o respaldo dos socialistas galegos ás protestas do ensino en contra da reforma universitaria do PP e confirma a súa presenza nas concentracións convocadas pola Plataforma Estatal pola Escola Pública para mañá xoves.

Os socialistas galegos reclaman a retirada do Decreto 43/2015 que reforma a ordenación do ensino universitario oficial para impoñer 3 anos de grao e dous mais de master. Ademais reclaman unha comisión, no seno da Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello de Estudantes Universitarios, que elabore un informe sobre os efectos da reforma.

Docasar esíxelle aos gobernos central e autonómico “que escoiten e atendan as suxestións da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas –CRUE-, que pediu practicamente por unanimidade a paralización da contrarreforma universitaria”. Ademais, reclama “que escoiten e atendan as peticións feitas pola Plataforma Estatal pola Escola Pública”.

Os socialistas galegos critican que “unha vez mais Rajoy e Wert, coa complicidade activa de Feijóo, afrontan unha reforma de calado sen realizar un proceso de diálogo previo co conxunto da comunidade educativa e sen escoitar absolutamente a ninguén”. Considera “unha barbaridade” a reforma sobre a estrutura do ensino universitario “sen ter feito previamente unha avaliación rigorosa da implantación do Plan Boloña”.

Ademais, amosouse “frontalmente en contra dunha reforma que vai permitir que un mesmo título poida ter duracións diferentes, perdendo a coherencia do sistema universitario e devaluando gravemente a calidade do ensino”.

Sinalou que “o auténtico obxectivo desta reforma é reducir o número de docentes, dificultar o acceso aos estudos superiores aos fillos e fillas das clases medias e humildes e favorecer os intereses das universidades privadas”.

O responsable socialista alertou finalmente que a reforma busca “camiñar cara unha universidade de dúas velocidades, para familias con medios económicos, que poidan financiar dous anos de master, e outra de só tres anos de grao para familias medias e humildes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar