Respaldo á protesta contra a reforma universitaria e a favor do ensino público

Respaldo á protesta contra a reforma universitaria e a favor do ensino público

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, e o secretario de Educación, Vicente Docasar, participaron hoxe na protesta contra a reforma universitaria encetada polo goberno central co apoio da Xunta e en defensa do ensino público. Os responsables socialistas participaron na protesta convocada por estudantes e profesores en Santiago de Compostela.

Os socialistas galegos comparten a “enorme preocupación e alarma” que está a provocar a reforma en toda a comunidade educativa galega, conformada por profesores, estudantes, familias, sindicatos e a propia conferencia de reitores.

Neste sentido, reclámanlle a Rajoy e Feijóo que “escoiten e atendan ás demandas da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas e da Plataforma en Defensa do Ensino Público”, que reclaman “a paralización desta contrarreforma universitaria”.

O PSdeG reclama así a retirada do Decreto 43/2015 que reforma as ensinanzas universitarias e urxe a constitución dunha comisión na Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello de Estudantes Universitarios para conformar un informe sobre os efectos desta reforma promovida polo Ministerio de Educación.

Os socialistas galegos transmiten a súa oposición á reforma encetada por Rajoy e Wert “coa complicidade activa de Feijóo” obviando o diálogo co conxunto da comunidade educativa e “sen escoitar absolutamente a ninguén”. Considera “unha barbaridade” unha reforma deste calado, sobre o contido e duración das titulacións universitarias, “sen ter feito previamente unha avaliación rigorosa da implantación do Plan Bolonia”.

Tanto Cancela como Docasar amosáronse “frontalmente en contra” dunha reforma “que vai permitir que un mesmo título poida ter duracións diferentes, facendo que perda coherencia o sistema universitario e devaluando gravemente a calidade do ensino”.

Sinala que o verdadeiro obxectivo é “reducir o número de docentes, dificultar o acceso aos estudos superiores ás persoas con mais dificultades económicas e favorecer os intereses das universidades privadas”. Rexeitaron unha reforma que “camiña cara unha universidade de dúas velocidades, unha para as familias con medios económicos, que poidan pagar dous anos de master, e outra sen master para as familias medias e humildes.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar