Respaldo á nova "xornada de combate" contra a Lomce

Respaldo á nova "xornada de combate" contra a Lomce

Respaldo á nova “xornada de combate” contra a Lomce

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, amosou hoxe o seu respaldo ás protestas dos estudantes e o profesorado polos problemas provocados pola aplicación da Lomce. Lembrou a sesión de control de onte na que os socialistas reclamaron unha postura clara do presidente da Xunta dirixida a suspender a aplicación da Lomce e comezar o diálogo para acordar unha nova norma de consenso.

Fernández Leiceaga fíxose eco da “preocupación social” dos alumnos e as súas familias, así como do profesorado, diante da falla de criterio á hora de aplicar a reválida de segundo de Bacharelato e a supresión do distrito único que homologaba as probas de acceso á Universidade en todo o Estado.

Advertiu que a situación provocada pola normativa do goberno do PP e a súa resistencia a suprimila ten abocado ao sector do ensino a un “día de combate”, e chamou á “necesidade dunha solución definitiva e estable a este tema”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar