Respaldarán no Parlamento a proposta de declaración institucional presentada polos traballadores da Fábrica de Armas da Coruña

Respaldarán no Parlamento a proposta de declaración institucional presentada polos traballadores da Fábrica de Armas da Coruña

Respaldarán no Parlamento a proposta de declaración institucional presentada polos traballadores da Fábrica de Armas da Coruña

José Luis Méndez Romeu explica que esta iniciativa, aprobada no Concello da Coruña, reclama a implicación da Xunta para evitar o peche da factoría

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou o respaldo á proposta de declaración institucional en favor da continuidade da Fábrica de Armas da Coruña que foi presentada hoxe polo Comité de Empresa. Os traballadores mantiveron un encontro de traballo cunha delegación do Grupo Socialista, encabezada polo seu presidente, Pachi Vázquez.

Os socialistas comprometéronse cos traballadores a apoiar a esta proposta, xa aprobada previamente polo Concello da Coruña, dirixida a solicitar a implicación da Xunta e do Goberno central no mantemento desta factoría e a presentar un plan industrial, “de futuro, sólido e fiable”, que garanta os postos de traballo actuais. A resolución será debatida na Xunta de Portavoces de mañá martes para incluíla no próximo Pleno.

Méndez Romeu insta aos restantes grupos da Cámara a apoiar esta iniciativa para amosar o apoio “rotundo e incondicional” aos traballadores e o rexeitamento da decisión de General Dynamics de pechar a súa filial coruñesa. Instan ademais aos restantes grupos parlamentarios a sumarse a tódalas accións emprendidas dende o Comité de Empresa para defender os postos de traballo.

Esta declaración inclúe a petición á Xunta de Galicia de implicarse nas accións encetadas polo Comité de Empresa para demandar do Goberno español o cumprimento do contrato INI-Defensa, que garanta a carga de traballo. Tamén reclaman a mediación da Xunta diante do Goberno central para garantir a continuidade da actividade desta planta.

Os socialistas galegos esixen o aprazamento inmediato do peche da factoría de General Dynamics na Coruña e a apertura dunha mesa de negociación para abordar un plan de viabilidade que garanta a reactivación da actividade produtiva e o mantemento de tódolos postos de traballo.

Iniciativas

Méndez Romeu presentou tamén unha batería de iniciativas para evitar o peche anunciado a semana pasada pola casa matriz da factoría, General Dynamics, malia que outras filiais no Estado mantéñense ou pasarán a ser xestionadas por outros propietarios, como é o caso da planta de Palencia, que foi vendida a unha empresa noruega.

Méndez Romeu advirte que “de non producirse unha intervención inmediata da Xunta, e nomeadamente co compromiso explícito do seu presidente, para garantir a carga de traballo, a fábrica pechará”. Esta decisión deixaría na rúa 180 traballadores e traballadoras dunha das fábricas tecnolóxicamente mais avanzadas dentro do sector, e que leva funcionando na cidade dende hai 70 anos.

Reclámalle ao presidente da Xunta que poña en valor a capacidade produtiva desta planta, que ven de desenvolver armas para os exércitos con tecnoloxía avanzada, aplica a nanotecnoloxía á súa produción e que mesmo foi obxecto de subvencións do goberno galego en pasadas lexislaturas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar