Resignación da Xunta ante a caída da produtividade nos Lombos do Ulla

Resignación da Xunta ante a caída da produtividade nos Lombos do Ulla

Resignación da Xunta ante a caída da produtividade nos Lombos do Ulla

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe a “resignación” amosada pola conselleira de Pesca fronte á caída da produtividade na zona marisqueira coñecida como os Lombos do Ulla, na Ría de Arousa. Torrado presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento celebrado hoxe na que reclamou “menos papeis e máis accións” por parte do Goberno.

O responsable socialista apuntou ao exceso de area na zona, que “non se está a coidar”, por parte da Xunta, cando “resulta evidente que onde hai demasiada area non hai produto, e onde non hai area aumenta a produtividade”. Criticou o desleixo do goberno galego, que se nega a recuperar os antigos canais de navegación e leva ano e medio dende que fixeron a última batimetría.

Torrado sinalou que a Consellería “négase a recibir aos patróns” das confrarías afectadas que solicitaron reiteradamente encontros para analizar a situación e posibles solucións. Advertiu da caída continuada de produto na última década, debido fundamentalmente á falla de intervención para a rexeneración das colonias, unido a unha posible sobreexplotación e á alteración das correntes polas obras do AVE.

A conclusión é que nos últimos 12 anos Galicia perdeu 3.000 permisos de exlpotación, pasando de 6.500 a 3.799, o 45 por cento dos cales corresponden á Ría de Arousa, unha das máis produtivas do mundo, e dentro dela á zona de libre marisqueo coñecida como os Lombos do Ulla.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar