Repróchanlle ao PPdeG a súa “nula intención de cumprir o Plan Xeral de Normalización Lingüística”

Repróchanlle ao PPdeG a súa “nula intención de cumprir o Plan Xeral de Normalización Lingüística”

Repróchanlle ao PPdeG a súa “nula intención de cumprir o Plan Xeral de Normalización Lingüística”

Francisco Cerviño sinala que o PP “vota en contra a posteriori das subvencións polo uso do galego nos xornais para controlalos”

O PP rexeita tamén unha emenda socialista para cumprir coas medidas do PXNL para a promoción do galego entre os mozos e mozas

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, criticou hoxe que o PP ten “nula intención de cumprir o Plan Xeral de Normalización Lingüística”. Así o dixo logo do voto en contra do PP a unha proposición non de Lei socialista para fomentar o uso do galego nos medios de comunicación porque, dixo, “queren seguir utilizando as subvencións para controlar aos medios”.

O responsable socialista lembrou que o Plan Xeral foi aprobado polo Goberno de Fraga e sepultado polo de Feijóo porque, dixo, o PP ten “medo a unha opinión pública libre e informada” e chamou a rematar co uso político das subvencións “polo ben da democracia e a liberdade do país”. Sinalou así que o rexeitamento a esta iniciativa suporá unha “vitoria pírrica a costa da lingua galega e dos seus votos no momento axeitado”.

Cerviño apuntou que o galego é a “alma de Galicia”, polo que acusou ao PP de “atentar contra a alma de Galicia no terreo práctico” ao impedir calquera tipo de medidas para incentivar o seu uso. A iniciativa, dixo, permitiría cumprir o acordo unánime a prol do galego, “signifícase a supremacía dos políticos electos sobre os magnates mediáticos que ninguén elixiu” e detería a “sangría de falantes” de galego dignificando o seu uso.

Lembrou que oito anos despois da aprobación do Plan aínda non se puxeron en práctica as súas recomendacións relativas ao uso do galego nos medios. Así, lembrou, o Plan determina a extensión do uso do galego a tódalas seccións dos medios, acadando unha presenza mínima do 30 por cento dos diarios en 10 anos, e conceder subvencións á produción en galego a cambio dunha porcentaxe “e non a priori”.

Sinalou que as conclusións da enquisa sobre as condicións de vida das familias salientan que a porcentaxe de monolingües en castelán medrou en cinco anos 8 puntos, pasando do 10,9 ao 19 por cento, mentres aumenta o grupo “mais castelán que galego” e descende o grupo de monolingües en galego. Ademais, reflíctese unha perda de transmisión interxeracional do galego próxima ao 25 por cento de falantes en cada xeración”.

Proposta

Cerviño explicou que rexeitando esta iniciativa, o PP rexeita o Plan Xeral de Normalización, xa que replicaba as recomendacións de introducir nas convocatorias de subvencións a utilización do galego nas seccións centrais e o incremento progresivo da súa presenza e o control “a posteriori” destes obxectivos como requisito para a subvención.

Tamén reclamaba unha convocatoria específica para os medios de comunicación que se realizan integramente en lingua galega, co obxecto de axudar a preservar a existencia de medios de comunicación que se expresen en galego tanto na prensa escrita como en Internet.

Mozos e mozas

O Grupo Popular rexeitou hoxe tamén unha proposta de emenda presentada polos socialistas incorporando as 20 medidas establecidas no Plan Xeral de Normalización Lingüística para fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas. Esta emenda foi defendida pola portavoz de Xuventude do Grupo Socialista, Silvia Fraga, para incorporala a unha Proposición non de Lei do PP sobre o fomento do galego neste sector.

A deputada socialista acusa ao Grupo Popular de ter votado “en contra do Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia” ao rexeitar a emenda socialista. Explicou que esta emenda recolle “nin máis nin menos que as 20 medidas deste Plan para mellorar e promocionar o uso do galego entre a xente moza”.

Silvia Fraga apuntou que as medidas postas en marcha polo Goberno galego “nin de lonxe recollen as medidas aprobadas no plan de normalización”. Dixo que as medidas do Plan “seguen a ser absolutamente válidas”, e as presentou hoxe “para recordárllelas e para que se pronuncien sobre as mesmas” porque, ironizou, “igual o que lles parecía ben no ano 2004 xa non lles parece ben no ano 2012”.

Lamentou que a votación negativa do PP é un “retrato do que para o actual goberno e o actual PP significa a defensa da lingua propia de Galicia”, segundo Fraga Santos, e puntualizou que “daquel PP que se definía a si mesmo como galeguista penso que queda pouco”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar