Reprochan ao PP que queira solucionar o furtivismo no marisqueo galego só con castigo penal sen incrementar os recursos humanos e materiais para evitalo

Reprochan ao PP que queira solucionar o furtivismo no marisqueo galego só con castigo penal sen incrementar os recursos humanos e materiais para evitalo

Reprochan ao PP que queira solucionar o furtivismo no marisqueo galego só con castigo penal sen incrementar os recursos humanos e materiais para evitalo

A viceportavoz de pesca acusa ao PP de “prestarse a un electoralismo lamentable” mentres a Xunta deixa de financiar a vixilancia da reserva mariña de Vos Miñarzos e non soluciona os problemas dos poboados marxinais de Ponche Pasaxe para o furtivismo da ría do Burgo

“O PP só pretende castigar penalmente mentres fixo case imposible exercer a pesca e o marisqueo encarecendo permisos e recortando axudas”

A viceportavoz de pesca do PSOE no Congreso e deputada socialista galega Laura Seara criticou na Comisión de Agricultura unha iniciativa do PP sobre o furtivismo no marsiqueo coa que “o Goberno do PP corre cara ao Código Penal en lugar de dar solucións” e “que o PP trae a debate ao Congreso despois de prestarse a un electoralismo lamentable e fomentar durante anos un debate demagóxico sobre esta cuestión”.

Seara reprochou que “cando hai un problema, a proposta do PP é sempre a substitución das políticas públicas pola represión permanente”. “Xa fallen políticas forestais, instrumentos na política de menores ou políticas para evitar o furtivismo, o PP sempre vai ao código penal”.

Neste sentido, a deputada galega ha sinalado que “non só trátase de castigar senón de regular e o PP só pretende castigar penalmente mentres coa súa política puxo case imposible exercer a pesca e o marisqueo encarecendo os permisos, dificultando as licenzas e recortando as axudas”.

Para a viceportavoz de pesca “a iniciativa do PP responde o seu afán de solución mediante a represión e ao fracaso das medidas que sobre furtivismo puxo en marcha o Sr. Feijoo na Xunta de Galicia”. Ademais, apuntou que “a iniciativa ademais é errónea pola confusión que xera respecto do que é ou non furtivismo reincidente no marisqueo e porque a realidade é que o 96% das infraccións no mar son cometidas por persoas con licenza e non por furtivos”.

Por iso, indicou que “o Goberno e o PP debesen dar solución aos minguados operativos dos servizos de gardacostas e debesen exporse a necesidade de incrementar e mellorar os recursos humanos e materiais de acordo coas CCAA para previr o furtivismo”. “Deben incrementarse os recursos necesarios para mellorar a prevención, a detección e por suposto a identificación tanto do furtivismo no propio litoral como na comercialización” “remarcou.

Ademais, lamentou “que o PP presente esta iniciativa meramente punitiva mentres o goberno do Sr. Feijoo abandona as súas obrigacións de vixiar con recursos públicos a primeira reserva mariña existente en Galicia (Os Miñarzos, de Lira, Carnota) deixando de financiar a vixilancia deste espazo protexido e convidando a unha modesta confraría de pescadores a asumir esa función”.

Así mesmo, Seara preguntoulle ao PP “como pretende erradicar o auténtico furtivismo nos bancos marisqueiros cando enfronte só teñen a dúas mariscadoras obrigadas a facer gardas mentres as forzas de seguridade están destinadas con escasos recursos e medios a outros labores prioritarios pero que case nunca son as de protexer os recursos mariños?. Queren vostedes erradicar o furtivismo da ría do Burgo, na Coruña, co código penal sen solucionar antes os duros problemas dos poboados marxinais situados en Ponte Pasaxe? - engadiu.

“O problema -defendeu- é que o PP, Goberno e Xunta, evita este debate e como os monos de Xibraltar tápanse os ollos para non mirar, á vez que apostan polo castigo como solución dun problema que non só non desaparecerá senón que é posible que se incremente dada a inacción do Goberno na procura de solucións a un sector que está a pasar por moi mal momento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar