Reprochan a Feijóo e a Cañete que a sinatura do convenio chegue con dous anos de atraso

Reprochan a Feijóo e a Cañete que a sinatura do convenio chegue con dous anos de atraso

Reprochan a Feijóo e a Cañete que a sinatura do convenio chegue con dous anos de atraso

As responsables de Medio Rural da Executiva, Ana Doval, e do Grupo Parlamentario, Sonia Verdes, advirten certo “recendo electoral” na elección da data de sinatura

Este atraso, provocado pola incompetencia da Xunta e a complicidade de Feijóo cos recortes de Rajoy sitúa os investimentos en desenvolvemento sostible no rural no horizonte do 2016

Reprochan a Feijóo que a súa falta de cooperación atrasa a aplicación da Lei de Desenvolvemento Sostible socialista, que xa dispoñía o investimento nos Plans de Zona desde 2011

Rajoy vai deixar sen efecto esta lei en 2012 a través dun “machadazo orzamentario” que reduce de 200M€ a 28M€ os presupostos para desenvolvemento sostible no medio rural

A dilación da firma e os atrasos conseguintes deixan o convenio sen garantías de financiamento

Os socialistas galegos afirman que o convenio asinado polo Presidente Feijóo e o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, “pospón en dous anos a execución dos plans de zona” o que, na práctica é “boicotear a cohesión social e a vertebración territorial” de Galicia, xa que atrasa ata 2016 as políticas de desenvolvemento rural sostible e deixa practicamente sen efecto as anualidades de 2012 e 2013.

Este boicot, segundo as responsables de Medio Rural na Executiva socialista, Ana Doval, como da portavoz da mesma área no Grupo Parlamentario, Sonia Verdes, comezou desde a consellería de Medio Rural, retrasando a aprobación dos plans de zona e hoxe continúa coa complicidade do Ministerio de Agricultura, atrasando a execución destes plans.

Lamentan as socialistas que, polo atraso de esta sinatura, ata 2014 non se executarán proxectos tan importantes para a nosa comunidade como saneamentos, programas de creación de emprego (mediante asesoramento decooperativas, formación, apoio a emprendedores, etc.) ou a mellora dos servizos de Benestar (mellora das estruturas dos centros sociais, transporte adaptado a dependentes, etc.).

As responsables de Medios Rural do PSdeG non se lles “escapa” certo “recendo electoral” na sinatura deste convenio no límite legal, marcado para o primeiro de xuño, e vinculan o mesmo a un posible adianto electoral de Feijóo.

INCOMPETENCIA DA XUNTA E COMPLICIDADE DE FEIJÓO COS RECORTES

Ana Doval e Sonia Verdes aseguran que o convenio de esta tarde dá cumprimento ao compromiso de Zapatero coa dinamización do medio rural en Galicia a través do impulso da Lei de Desenvolvemento Sostible, porta en marcha polas ministras Elena Espinosa e Rosa Aguilar.

Os socialistas galegos reprochan a Feijóo que chegue “dous anos tarde”, pola “incompetencia” da daquela Consellería de Medio Rural, para a elaboracións dos plans de zona, pese ás reiteradas demandas do PSdeG-PSOE para que o Executivo axilizara a posta en marcha da Lei.

Feijóo, nun momento grave de crise, que afecta de maneira especial ás explotacións e ao rural galego, desaproveitaba así a posibilidade de investir 170 millóns para a loita contra o abandono e a dinamización do medio rural.

DESINTERESE DE RAJOY POLO DESENVOLVEMENTO RURAL

Os gobernos de Cañete e Feijóo esperaron case ao último momento para asinar o convenio. O prazo expira o primeiro de xuño. A incompetencia da Xunta provoca o atraso na posta en marcha desta lei e a execución dos fondos que deberan estar a disposición dos destinatarios finais para loitar contra a crise.

Pero este atraso non é froito da coincidencia senón “dunha estratexia de complicidade cos recortes de Rajoy”, denuncian as dirixentes socialistas. Como consecuencia do mesmo, e debido ao atraso acumulado, o convenio carece agora de garantías de financiamento para a súa execución, afriman Verdes e Doval.

O convenio, a estas alturas, supón que en 2012 tampouco se vai poñer en marcha ningunha medida recollida pola Lei de Desenvolvemento Sostible. Unha lei que recibiu un “un auténtico machadazo” nos Presupostos Xerais do Estado, nos que se ven reducidos os seus fondos nun 85,9%, de 200M€ a 28M€, “o que, na práctica, deixa sen efectividade a lei”, apuntan os socialistas.

AXUDAS PARA DINAMIZAR A ECONOMÍA E CREAR EMPREGO

Os socialistas recriminan aos populares a falta de dilixencia coa elaboración destes planes de zona que xa poderían estar en execución e que, servirían para paliar as consecuencias da crise nas áreas rurais máis deprimidas e máis afectadas pola despoboación e o avellentamento dos seus habitantes.

Como exemplo, recorren ao Plan de Zona Pontevedra Norte – Rías Baixas. Contemplaba investimentos por importe de máis de 10M€ para o horizonte 20011 – 2015. O máis sangrante, salientan os socialistas é que o 40% do orzamento ía destinado á actividade económica e ao emprego.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar