Representantes do PSdeG trasladan o apoio "rotundo" a Gómez Besteiro e piden "axilidade" á Xustiza

Representantes do PSdeG trasladan o apoio "rotundo" a Gómez Besteiro e piden "axilidade" á Xustiza

Representantes do PSdeG trasladan o apoio "rotundo" a Gómez Besteiro e piden "axilidade" á Xustiza

Membros da Executiva Nacional do PSdeG, do grupo parlamentario socialista, do grupo provincial da Deputación de Lugo e a alcaldesa de Lugo Lara Mández amosaron esta mañá tras un acto sobre educación en Lugo o seu respaldo “rotundo” ao secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro e pediron “axilidade” no proceso xudicial aberto.

Así, en respostas aos medios, o secretario de Educación da Executiva do PSdeG e deputado, Vicente Docasar, incidiu no “respaldo unánime” que lle deu a Executiva Nacional ao secretario xeral na reunión do sábado e trasladou a “máxima implicación” coa situación de Gómez Besteiro, n aliña do expresado hoxe mesmo pola secretaria de Organización, Pilar Cancela.

A deputada autonómica Concepción Burgo expresou o seu “apoio para seguir sendo secretario xeral e tamén candidato á Xunta”, ademáis de defender que as actuacións no Garañón se tomaron “en base a un PXOM do ano 1991 aprobado polo PP, cumprindo todas as normas”. Burgo expresou que “de forma persoal” lle estranan “moitísimo os tempos que se están a manexar”. Lembrou a denuncia “dunhas persoas que tiñan intereses” na zona, tres días despois de que o PP bloquease a designación de Besteiro como senador “nunha decisión sen precedentes, anulando un pleno do Parlamento xa convocado para nomear senador ao señor Besteiro, elixido polo PSdeG, que é a quen lle correspondía”. Unha decisión sobre a que hai “moitas dúbidas de que sexa legal”, dixo.

“Sabe que estamos con el e sabemos que todo isto vai quedar en nada”, como recordou que xa sucedeu en varias ocasións , “pero prexudicando moito a moita xente, e iso non se pode permitir”. “Pedimos que se tomen xa decisión rápidas A xustiza ten que ser fundamentalmente rápida, se non non é xusta”, afirmou a deputada socialista.

Pola súa banda, Álvaro Santos, deputado en Lugo, expresou o “apoio rotundo e inquebrantable do grupo provincial” a Gómez Besteiro, “un apoio que deron tamén os cidadáns cos mellores resultados da historia dos socialistas na provincia” nas últimas eleccións. “Seguimos tendo o mellor candidato á presidencia da Xunta, que é necesario que sexa gobernada por unha persoa que crea no público”, afirmou, lembrando o “saber facer” na súa etapa na Deputación e antes de pedir “celeridade á xustiza, que non só debe ser rápida e áxil para imputar, senón tamén para resolver e dignificar ás persoas que exercemos a política. Sigo crendo na política e espero poder seguir crendo tamén en todos os xuíces”, asegurou.

Tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que é “tremendamente inxusto que unha persoa teña que enterarse dunha imputación polos medios, o que o deixa nunha situación de indefensión inadmisible”. Lembrou que este proceso é “un feito recurrente no que o secretario xeral xa entregou a documentación para esclarecelo”, e engadiu que “non se entende que a imputación sexa neste momento”. Besteiro, dixo, “ten todas as condicións para ser secretario xeral, ten o respaldo do seu partido e dos seus compañeiros e non quebranta o código ético. Na mesma liña, solicitou “máxima axilidade, porque se se dilata no tempo, aínda que ao final se esclareza e quede en nada, non é xusto, porque hai un dano irreparable”, lembrando que ela mesma tivo que pasar por unha imputación que durou anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar