Replican a Feijóo que “irresponsable é quen asina o peche de exercicio orzamentario a 30 de setembro”

Replican a Feijóo que “irresponsable é quen asina o peche de exercicio orzamentario a 30 de setembro”

Replican a Feijóo que “irresponsable é quen asina o peche de exercicio orzamentario a 30 de setembro”

María José Caride lembra que o propio presidente da Xunta cuantificou as facturas pendentes de 2011 en 1.500 millóns de euros

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, replicoulle hoxe a Feijóo que “irresponsable é quen asina o peche do exercicio orzamentario a 30 de setembro” impedindo novos gastos e contratacións de obras ata final de ano. Así o dixo en resposta ás declaracións do presidente da Xunta, que tildou de irresponsable ao secretario xeral do PSdeG-PSOE por revelar a “trampa” do peche de exercicio contable pola Xunta.

Caride revelou que foi o propio presidente da Xunta quen, o pasado 2 de marzo, revelou que deixara sen pagar 1.500 millóns de euros en facturas correspondentes a 2011 que son “1.500 millóns de euros menos cos que conta o orzamento de 2012”. Daquela, lembrou, o propio Feijóo fixo a conta que anunciara como facturas pendentes que serían liquidadas ata o mes de abril de 2012.

Sinalou que a Xunta tería “moi fácil acreditar” a procedencia destas facturas si respondera a unha pregunta escrita presentada polos socialistas o pasado 7 de maio e cuxo prazo remata o próximo domingo. Sinalou que “si non o acredita é que temos razón”, e apuntou que o martes será debatida na Comisión de Economía unha pregunta oral para que a Xunta dea conta da procedencia destes 1.500 millóns que non foron pagados ata abril.

A responsable socialista desafiou ao goberno galego a que “entre o luns e o martes acredite que nos equivocamos na lectura do DOG que a 30 de setembro pechou o exercicio contable da Xunta” cando o habitual é facelo a 15 de decembro. Apuntou que, segundo o documento oficial, o goberno galego impediu cobrar da Xunta aos posibles contratistas.

Así, dixo que mentres en 2008 o peche tivo lugar a 15 de decembro, Feijóo decidiu adiantalo ao 13 de novembro no se primeiro ano de goberno, co que os orzamentos duraron menos 11 meses, para adiantalo a 15 de outubro en 2010, cun orzamento de só 10 meses, e ata o 30 de setembro en 2011, deixando o orzamento “só vixente durante 9 meses, sen ter en conta que xaneiro é practicamente inhábil por ser o primeiro mes”.

Irresponsable

Caride sinalou que Feijóo, ademais de ser o presidente coa maior cifra de desemprego da historia de Galicia e de ter acadado o maior endebedamento da historia de Galicia, “ademais foi irresponsable ao pechar o exercicio orzamentario da forma en que o fixo”. Dixo que “o que debe é de pensar en activar a economía e non en maquillar as súas contas” para retirar estes gastos do balance final.

Explicou que o problema real desta trampa contable é que “non pagar prexudica aos contratistas pero tamén aos seus traballadores e ás súas familias” que están a padecer o peor da crise.

Así explica que, de acordo cos datos de contratación de obra de Seopan, os últimos 3 meses de 2011 só foran licitados 10 millóns de euros dun total de 264 correspondentes a todo o ano –que pola súa banda era a metade do ano anterior-. Lembrou que mentres o resto das autonomías licitaron o 15 por cento da obra nos tres últimos meses, en Galicia só foi licitado o 3,8 por cento logo de varios anos de caídas consecutivas.

Desculpas

A responsable socialista engadiu que “sigo esperando as desculpas do portavoz do PP e do propio PP” polas reiteradas acusacións de deslealdade contra o anterior goberno socialista. Así o dixo logo de que o portavoz deste grupo parlamentario asegurara unha suposta implicación do anterior goberno nun hipotético proceso de fusión dunha caixa galega con entidades externas.

Sinalou que “o único desleal con Galicia é quen abandona aos galegos e galegas á súa sorte, quen vendeu a concesión da AP-9 nun goberno no que Feijóo era conselleiro de Política Territorial e quen boicoteou a reforma do Estatuto de Autonomía”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar