Renovación e recuperación do ensino público

Renovación e recuperación do ensino público

Renovación e recuperación do ensino público

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, ofreceu hoxe unha proposta de renovación e implantación das TIC no ensino público. Así o dixo durante unha visita ao CEIP Ponte dos Brozos, en Arteixo, xunto coa candidata socialista ao Congreso Pilar Cancela e o portavoz socialista no Concello, Martín Seco.

Chamou a replicar o modelo escollido polo cento de Arteixo, que con máis de 1.000 alumnos e 70 profesores, o que ten máis alumnado de Galicia e un “exemplo” na implantación das novas tecnoloxías aos métodos pedagóxicos. Sinalou que “a experiencia deste centro demostra que non é un problema de hardware, senón de acadar a implicación do profesorado, da súa formación e dun axeitado tratamento ao coordinador das TIC.

Fernández Leiceaga comezou a campaña electoral cunha visita ao mundo educativo para subliñar que a educación “debe ser unha das prioridades de calquera goberno, chave do futuro e da igualdade de oportunidades”. Sinalou a importancia de “coñecer as carencias e eficiencias de cada centro” para acadar un ensino público de calidade.

Advertiu o caso concreto de Arteixo, unha das localidades con “maior dinamismo” a nivel de emprego, cunha importante presenza de empresas, que se reflicte nunha maior presión demográfica e polo tanto maiores necesidades educativas ás que debe responder o sector público.

Pilar Cancela

A candidata ao Congreso pola provincia de A Coruña, Pilar Cancela, encomiou a implicación persoal do profesorado no éxito do proxecto educativo de Ponte dos Brozos, xa que “son eles os que sosteñen a capacidade do ensino público”. Cancela reivindicou “volver a gobernar para recuperar o tempo e a capacidade perdida no ensino público” durante os catro anos de goberno de Rajoy e os sete de Feijóo.

Cancela fixo estas declaracións na visita ao centro educativo de Arteixo e despois de manter un encontro coa plataforma en defensa de incluír a vacina contra a meninxite no calendario de vacinas pediátricas. Sinalou o caso da nai de Arteixo que veu cómo falecía a súa filla por contraer esta enfermidade sen ter acceso posible a unha vacina que supón a diferenza entre a vida e a morte.

Subliñou que “parece mentira que esteamos falando de algo tan fundamental como que hai xente que morre sen a dose necesaria dunha vacina” que o goberno se negou a ofrecerlle por unha cuestión orzamentaria.

Martín Seco

A delegación socialista continuou a xornada coa visita ao acceso ao porto de Arteixo, logo de que o portavoz do PSdeG-PSOE no Concello, Martín Seco, criticara o “desleixo” de Xunta e Ministerio de Fomento, que asinaron o convenio de infraestruturas “con nocturnidade e alevosía deixando no aire” o enlace ao porto.

Criticou que mentres infraestruturas como a da Plisan contan cun enlace da autovía ata a mesma porta anos antes de ter instalado a primeira empresa, o porto de Arteixo, a pleno rendemento e nunha das zonas con máis tráfico de Galicia, carece dunha conexión adecuada para trasladar as mercadorías.

Tamén esixiu a liberalización da peaxe entre A Coruña e Arteixo “evitando a construción dunha nova infraestrutura completa”, e puntualizou o “sen sentido do goberno galego, que fai caso omiso das reclamacións do alcalde, do seu mesmo partido, e de a Corporación Municipal ao completo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar