Reiteran a petición de comparecencia de Feijóo e a creación da Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas, rexeitada en alomenos dez ocasións polo PP

Reiteran a petición de comparecencia de Feijóo e a creación da Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas, rexeitada en alomenos dez ocasións polo PP

Reiteran a petición de comparecencia de Feijóo e a creación da Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas, rexeitada en alomenos dez ocasións polo PP

Abel Losada considera que debera avergonzarnos que Gayoso comparecese no Congreso en lugar de no Parlamento de Galicia, onde o PP impediu a creación dunha comisión

Reprocha ao Presidente que leve sen comparecer na Cámara autonómica desde 2009

Sinala a Feijoo como culpable de que a fusión fora “unha decisión política fracasada” que nos custará 10.000M€

Os 275.800 parados da EPA, cifra histórica para Galicia, as previsións da Fundación Barrié e do Ministerio de Facenda presentan un “panorama desolador”. Son “un dato ilustrativo do desgaste económico e social desta Comunidade Autónoma”, afirma Losada

O Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, informou hoxe en rolda de prensa da decisión do seu grupo de volver a pedir a comparecencia de Núñez Feijoo (rexistrada hoxe) e a creación dunha Comisión parlamentaria para esclarecer o proceso de fusión das caixas galegas, rexeitada polo PP en polo menos media ducia de ocasións.

O parlamentario socialista considera que debe “avergonzarnos” que fora no Congreso onde se producira onte a comparecencia do expresidente de NovaCaixaGalicia, Julio Fernández Gayoso, “e non nunha comisión do Parlamento de Galicia”.

Sobre este asunto recriminoulle a Feijoo que “non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo” e afirma que a fusión das caixas “foi unha decisión política fracasada”, da que o Presidente da Xunta, como responsable, debera dar conta no Parlamento.

Chamou a atención sobre a falta de acceso á información da auditoría de KPMG, que serviu de base para a fusión, segundo o Presidente galego. “Hai trinta meses que temos solicitado que presenten esta documentación ós grupos da Cámara autonómica”, explica Abel Losada.

O socialista relaciona a reiterada negativa do Presidente da Xunta a comparecer a un “intento de tapar un fracaso de xestión política, que, rematou coa caixa galega e custaranos 10.000 millóns de euros”. Respecto a estas consecuencias Losada afirmou que “de seguro que non estaban recollidas na auditoría de KPMG”, polo que tira a conclusión de que “ou ben enganaron ao Presidente, ou ben Feijoo nos enganou, cuestión aínda máis grave”, salientou.

REDUCIÓN DE DEPUTADOS

En relación á proposta de redución do número de deputados da Cámara galega, o portavoz do Grupo Socialista expresou a vontade de negociar medidas de aforro co Goberno cando este o desexe. Advertiu que o Partido Socialista está a favor da austeridade pero “non a costa da participación democrática”.

En termos de aforro, Losada lémbralle a Feijoo que as medidas neste sentido deben reflectirse nas emendas aos Orzamentos, e os populares xa rexeitaron en tres ocasións, 2010, 2011 e 2012, a proposta socialista de reducir nun 50% os gastos dos cargos de libre designación. A proposta de redución de deputados é un exercicio de “enxeñería electoral”, conclúe Losada.

A EPA PRESENTA UN PANORAMA DESOLADOR, QUE EMPEORARÁ EN 2013 E 2014

O Portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou o dato de 275.800 parados en Galicia de “dato revelador da situación”, xa que se trata dun record histórico de desempregados reflectidos na Enquisa de Poboación Activa (EPA). O comportamento do paro en Galicia, segundo este método de medición foi “moito peor en Galicia que na media do Estado”. En relación co trimestre anterior, o comportamento do noso país é catro veces peor ao conxunto de España, en Galicia medra un 3,88%, no Estado, o 0,95%.

Losada salientou que, desde que Feijoo goberna, nesta comunidade hai 113.000 parados máis, un incremento do 70% do paro, frente a un incremento do conxunto de España do 40%. “Este é o balance do goberno de Feijoo respecto ao mercado laboral”.

Outro dato a ter en conta, é o dato de ocupación, “verdadeiramente negativo”, segundo o deputado socialista. A media de todas as comunidades é dun descenso de 15.900 persoas, e en Galicia de 16.800. “Un dato ilustrativo do desgaste económico e social desta Comunidade Autónoma”.

Por esta razón considera imprescindible que o Goberno galego “dea cara e explique esta situación, notablemente peor á das outras comunidades autónomas”.

Referiuse a continuación Losada ao Informe do segundo trimestre de 2012 da Fundación Barrié, que di que a recesión se agrava e se prevé unha caída do PIB do
-1,6%, sempre supeditado a unha revisión á baixa por causa dos recortes. A isto se engaden outras novas procedentes do escenario macroeconómico presentado polo Ministerio de Facenda 2012-2015. Losada salienta o dato de que o consumo das Administracións Públicas recolle un -4,8%, prevé unha caída en 2013 do -8,2%. Non temos que falar só dos recortes, senón dun “escenario dramático” para 2013 plasmado por escrito polo Goberno.

Neste escenario, que non mellora segundo os datos do ministerio para 2014, “Feijoo atópase desaparecido, non comparece no parlamento desde o verán de 2009 e só se dedica a buscar cortinas de fume para esconder esta xestión absolutamente nefasta do seu goberno e un escenario económico moi duro na comunidade que goberna”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar