Regulación por Lei da información aos consumidores nos contratos hipotecarios

Regulación por Lei da información aos consumidores nos contratos hipotecarios

Regulación por Lei da información aos consumidores nos contratos hipotecarios

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, presentou hoxe unha proposición de Lei para regular a transparencia dos contratos hipotecarios e sinalar a información á que teñen dereito os usuarios. A responsable socialista reclama “explicacións adecuadas, sinxelas e comprensibles” para que os contratantes saiban que están asinando.

A proposición socialista esixe “información xeral, personalizada e vinculante datada e asinada, verbal e por escrito” por parte das entidades prestamistas. Rodríguez Rumbo sinalou a prohibición de crear “falsas expectativas” nun contrato que debe especificar tanto o tipo de xuro como as cláusulas chan e teito ás que está suxeito, como a duración e importe das cotas e os produtos accesorios que incorpore o contrato.

En definitiva, resumiu, trátase de ter “toda a información para que a persoa usuaria poida asinar un contrato hipotecario que o vai vencellar durante moitos anos con coñecemento absoluto dos seus termos”.

Dación en pago

Ademais, reclama que o contrato especifique se o incumprimento do contrato suporá a perda da vivenda habitual e se inclúe dación en pago, así como garantir toda a información antes de asinar o contrato. Neste sentido, reclama que a copia da escritura pública estea dispoñible a lo menos 3 días antes da sinatura do contrato, e o propio notario debe comprobar que coincida coa oferta vinculante.

A proposta socialista inclúe tamén a garantía de que a persoa que vaia contratar a hipoteca dispoña dunha listaxe de persoas taxadoras á marxe da proposta pola entidade bancaria para que non teña que suxeitarse ao seu criterio.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar