Regulación do papel dos intermediarios entre os produtores e as industrias do leite

Regulación do papel dos intermediarios entre os produtores e as industrias do leite

Regulación do papel dos intermediarios entre os produtores e as industrias do leite

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamoulle hoxe ao goberno galego que regule a actividade dos operadores intermediarios que actúan entre os gandeiros e as industrias transformadoras de lácteos. O responsable socialista presentou unha pregunta oral diante da indefensión dos produtores diante destes operadores.

O responsable socialista alertou dos problemas que están a ocasionar os intermediarios, fundamentalmente por impagos, nomeadamente para os gandeiros de Ferrolterra, Eume e Ortegal, pero que se estende a arredor de 200 granxas en toda Galicia que, de acordo coas organizacións agrarias, “levan meses sen recibir un céntimo polo seu produto”.

Sinalou que a súa actividade de compra do produto a uns para vendelo a continuación “carece das garantías suficientes para os produtores, xa que non teñen que depositar ningún tipo de aval ou garantía para o produto que moven”.

Pérez Seco advertiu que esta situación evidencia unha vez máis o escaso poder negociador dos produtores, obrigando a vender o litro de leite a 0,297 céntimos, como lle sucede ao 35 por cento dos gandeiros e gandeiras de toda Galicia, moitos deles “abocados a abandonar as explotacións por mera falla de rendibilidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar