Rego recomenda "calmar euforias interesadas" sobre a situación urbanística de Barreiros

Rego recomenda "calmar euforias interesadas" sobre a situación urbanística de Barreiros

Rego recomenda "calmar euforias interesadas" sobre a situación urbanística de Barreiros

O portavoz de Territorio e Urbanismo do Grupo Socialista, Ismael Rego, recomendou “calmar euforias interesadas sobre a situación urbanística de Barreiros”. Presentou unha Interpelación sobre a situación urbanística de Barreiros e lembrou que “quedan sentenzas xudiciais pendentes de execución” e mesmo o alcalde “ten un proceso xudicial aberto e denuncias da fiscalía que están por resolver”.

O parlamentario da Mariña lembrou así que “quedan sentenzas xudiciais pendentes de execución e actuacións en curso para as que non basta coa mera vontade mediática do Goberno sobre a retirada dos recursos”. Dixo que a administración xudicial é a quen “compete única e exclusivamente seguir ou non coa súa tramitación”.

Dixo así que os socialistas “advirten que as ilegalidades urbanísticas de Barreiros non se resolven nin con titulares mediáticos do goberno galego sobre presuntas retiradas de recursos xudiciais nin con soflamas de responsables institucionais exercendo de presuntos axentes inmobiliarios”.

Rego advertiu ao alcalde de Barreiros que “ten que afrontar a súa responsabilidade como máximo responsable da situación creada non soamente a un número importante de particulares senón tamén a promotores e empresas”. Sinalou que estes “están pasando hoxe unha dificilísima situación derivada da súa neglixente e interesada xestión urbanístico – especulativa ao fronte da súa responsabilidade municipal”.

Engadiu que “en ningún caso se vai a resolver atacando ao anterior goberno da Xunta” ao que defendeu “por ter actuado responsablemente na xestión das súas competencias sobre a materia”. Reclamou ao alcalde que “asuma responsabilidades e adopte medidas para resolver e facer fronte ás consecuencias derivadas da concesión de licencias que non respectaban a lexislación urbanística de Galicia nin a propia normativa municipal”.

Estas licencias, engadiu, “son hoxe a causa real da situación que vive o Concello e pola que tódolos cidadáns en principio vamos ter que pagar cos nosos impostos unha cantidade que supera os 14 millóns de euros”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar