Rego: "O Plan Acuícola é un torpedo á liña de flotación para calquera tipo de consenso urbanístico”

Rego: "O Plan Acuícola é un torpedo á liña de flotación para calquera tipo de consenso urbanístico”

Rego: "O Plan Acuícola é un torpedo á liña de flotación para calquera tipo de consenso urbanístico”

O responsable da área do Territorio do Grupo Socialista, Ismael Rego, cualificou hoxe de “gravísima irresponsabilidade” a aprobación, por parte da Xunta, do levantamento indiscriminado da protección do litoral galego. Sinalou que constitúe un “torpedo á liña de flotación para calquera tipo de consenso sobre a ordenación territorial e urbanística de Galicia”.

O responsable socialista considera “imposible atopar un goberno que actúe con tal insensibilidade e irresponsabilidade sobre o ben máis prezado dun país como é o seu territorio” tal e como fixo onte Feijóo coa aprobación do Plan Acuícola. Dixo que “ningún goberno responsable pode utilizar a desculpa da crise para desprotexer o territorio e poñelo ao albur exclusivo de intereses privados”.

Rego reclamou a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, como responsable do urbanismo, para que informe “sobre o impacto do Plan Acuícola anunciado polo presidente da Xunta sobre a costa galega e as consecuencias para a súa protección”.

Axentes privados

Advertiu que, de levarse a cabo as previsións anunciadas onte pola Xunta, a partir de agora “os asentamentos de plantas acuícolas na costa galega faranse en función da decisión dos axentes privados e non no interese xeral de Galicia en función da súa ordenación territorial e urbanística”. Explicou que en lugar de decidir os responsables públicos en defensa do interese xeral decide o interese das iniciativas empresariais”.

O responsable socialista concluíu que “supón unha clarísima desprotección do territorio e das persoas que o habitan” xa que “porá o conxunto da costa galega ao dispor de intereses privados ata o punto de que a propia administración comprométese a levar a cabo a expropiación de terreos para poñelos a disposición de intereses privados cunha finalidade concreta que, como os precedentes indican, mais tarde podería cambiarse”.

Explicou así que “agora son plantas acuícolas, mañá poderán ser, como xa ten pasado noutras zonas do litoral español, de complexos hoteleiros, apartamentos, ou bloques de adosados”.

Disposición ao acordo

Rego advertiu que “o PSdeG-PSOE non será cómplice de ningún tipo de manobra especulativa sobre o territorio utilizando como desculpa a crise económica”. Engadiu sen embargo a disposición para “un gran acordo político e institucional que sirva e sexa útil para a consolidación de marcos lexislativos estables sobre a ordenación territorial e urbanística de Galicia baseada en criterios de sustentabilidade ambiental, económica e social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar