Rego: “o Goberno de Feijoo esta ao lado dos especuladores do territorio e non ao carón dos cidadáns”

Rego: “o Goberno de Feijoo esta ao lado dos especuladores do territorio e non ao carón dos cidadáns”

Rego: “o Goberno de Feijoo esta ao lado dos especuladores do territorio e non ao carón dos cidadáns”

O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego interveu hoxe no Pleno do Parlamento para defender unha proposición na que reclama ao Goberno de Feijoo a adopción de diversas medidas urbanísticas en Galicia “para poñer orden na actuación da Consellería de Política Territorial, e especialmente no que atinxe a ordenación e inspección urbanística de Galicia, co fin de buscar a máxima equidade na súa actuación e establecer criterios claros”. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí acusou ao Goberno de Feijoo de estar ao lado dos especuladores do territorio. “Non hai negan voto que xustifique o que se fixo no concello lucense de Barreiros, ningún”, espetou.

Rego, saudou dende a tribuna de oradores aos veciños de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, que estaban presentes no debate desta sesión plenaria. Lembrou que este Alcalde ten embargado o seu soldo por “defender intereses dos veciños”, por non executar sentencias.

O deputado lembra que hai na nosa Comunidade hai Sentencias de distintos tribunais que anulan licencias para a construcción de inmobles, replica que estes fallos xudiciais “teñen que ver cunha mala utilización da lexislación urbanística de Galicia”, tanto por parte dos concellos, da administración autonómica ou incluso dos propios particulares.

Executa sentencias segundo conveña

O parlamentario advirte que a Xunta executa as sentencias segundo conveña. Argumenta que podemos atopar diferentes situacións de infraccións urbanísticas, que podemos resumir en dous grupos “aquelas nas que os concellos e particulares actuaron con informes que respaldan as súas decisións e tomando medidas inmediatas ante os requirimentos da Xunta, e outros que outorgaron licencias en contra dos informes oportunos ou desatendendo os requirimentos da Xunta, non paralizando as obras ou nin sequera informando os propietarios ou promotores”.

Así as cousas Rego replica que o Grupo Socialista “non pide amparo para ningunha ilegalidade urbanística” e proseguiu “pedimos amparo para aqueles cidadáns que construíron as súas vivendas cunha licencia municipal e con todas as da lei”.

A maiores sinala que o recoñecemento por parte dos tribunais das irregularidades na concesión de licencias, supoñen en moitos casos a anulación das mesmas e a restauración da legalidade, retrotraendo os terreos á situación previa a concesión de licenza. No caso de obras xa comezadas nas que os propietarios ou promotores estaban amparados pola licenza municipal, o concello ten responsabilidade nos seus actos e deberá compensar adecuadamente a estas familias ou empresas, xa que poden ver como se derriba a súa casa, construída co beneplácito do concello, logo de pagar as correspondentes taxas.

A Xunta retira contenciosos

Dixo que o Goberno de Feijoo so ten “amparo para os que constrúen sen licencias e promoven urbanizacións sabendo que son ilegais, como advirten os técnicos municipais, ademais da inspección da legalidade urbanística e mesmo acordos de Goberno”. Nese senso lembra que a Xunta investiu 14 millóns no convenio de Barreiros, e replica que con este Plan Supramanicipal que considera “fraudulento”, ademais “retíranse os contenciosos que tiña o avala da asesoría xurídica da Xunta”.

A Guarda ou Sanxenxo

O deputado afirma que o Goberno de Feijoo reclama que se “executen as sentencias inmediata contra os veciños que obran de boa fe, como os cidadáns de A Guarda ou Vilaboa”, pero critica que “a Xunta non actúa contra os Barreiros, O Grove, Fisterra ou Sanxenxo ”. E insistiu nas súas criticas “uns obraron de boa fe e outros de xeito especulativo”. Sinala que o modelo do PP “defende intereses particulares, persoais e partidarios en contra do interese xeral de todos”.
A lei de vivenda aínda non esta no Consello da Xunta

Por ultimo criticou as soflamas do PP, nas que asegura que a Lei de Vivenda, que aínda non esta no Consello da Xunta, vai solucionar este problema. Rego preguntou porque o Goberno de Feijoo non executa a sentencia do edificio de Sanxenxo que esta na mesma situación “e lembra que hai un exmembro do Goberno que ten alí un piso”. E aludiu aos adosados do Grove “porque non se executan”, insistiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar