Rego acusa ao PP de impedir a licitación inmediata da VAC Costa Norte

Rego acusa ao PP de impedir a licitación inmediata da VAC Costa Norte

Rego acusa ao PP de impedir a licitación inmediata da VAC Costa Norte

O parlamentario socialista Ismael Rego acusou ao PP de “impedir” a licitación inmediata da VAC Costa Norte ao rexeitar unha moción do PSdeG-PSOE para culminar esta actuación que está a ser paralizada pola Xunta. Dixo que o Executivo quere “deixar para dentro de 6 anos” a conclusión dunha obra que podería terse rematado en 2013.

Rego reclamou á Xunta que destine a esta obra os 241 millóns de euros que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deixou sen gastar no exercicio 2010. dixo que “vai sendo hora de licitar estas obras porque os proxectos están listos e os trazados acordados” e reclamou que “esquezan os cambios de trazado -da variante de Viveiro- que ninguén quere e que son desculpas de mal pagador” para non facer a obra.

O responsable socialista lembrou que en 16 anos de goberno de Fraga “o único que decidiron foi facer que a vía non chegara a Ferrol” e catro anos de goberno socialista “puxo en obras o tramo da variante de Ortigueira, aprobou tódolos proxectos e licitou e deixou lista para adxudicación o trazado entre San Cibrao e Celeiro.

A partir de aquela, dixo, o goberno de Feijóo “paralizou todo con distintas desculpas, modificacións de trazado, alteracións, cambios e agredindo o Val de Galdo simplemente por non darlle a razón ao goberno anterior, a Deputación Provincial e o Concello de Viveiro” no caso do novo trazado da variante de Viveiro feito pola Xunta como “desculpa perfecta para non facer estra actuación de 90 millóns de euros”.

Mentres, sinalou, paralizaron as obras do corredor, coa excepción dos tramos da Variante de Ortigueira, que deixou en obras o anterior goberno, e o tramo Celeiro – San Cibrao, que deixou licitado e cos informes realizados para a súa adxudicación, e que o actual goberno xa lle leva endosado un ano e medio de retraso.

Lembrou que o Goberno central tivo que retrasar a autovía entre San Cibrao e Barreiros por atender a unha reclamación de Patrimonio da Xunta de Galicia para cambiar o trazado “e se lle fixo caso e agora só está pendente do estudo de impacto medioambiental.

Retraso

Rego criticou a intervención do portavoz do PP, Xosé Manuel Balseiro, introducindo na cuestión os últimos resultados electorais cando “en Viveiro existen 11 dos novos concelleiros concelleiros que rexeitan o novo trazado da Xunta e só 6 que o apoian –que corresponden ao PP-”, e dixo que “o audi oficial –que utiliza dende que é membro da Mesa do Parlamento- sentoulle mal”.

A moción que foi rexeitada hoxe polo PP reclamaba á Xunta o remate, no horizonte de 2014, da totalidade desta infraestrutura de comunicación “que vertebra o litoral de dúas provincias –A Coruña e Lugo-, e nomeadamente os concellos de Ortigueira, Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Xove”.

A iniciativa propoñía á Xunta que destine á construción desta infraestrutura os 241 millóns de euros que esta Consellería deixou sen gastar no exercicio orzamentario de 2010 para que as obras poidan ser executadas nos vindeiros 2 anos.

Reclamaba así licitar no actual ano 2011 tódolos tramos aínda sen executar deste vieiro de comunicación e vertebración, e nomeadamente os San Sadurniño – Sanguiñeira, Sanguiñeira – Felgosas, Felgosas – Campo do Hospital, Campo do Hospital – AC-101, Espasante – Os Ramos, Os Ramos – Covas, Covas – Viveiro Sur e Viveiro Sur – Celeiro.

Variante de Viveiro

Tamén esixía a licitación “inmediata” do proxecto da variante de Viveiro redactado en 2009 e consensuado co Concello “para solucionar o principal obstáculo para a mobilidade de todo o trazado do corredor”. Reclamaba así ao Executivo que “adopte as medidas que sexan precisas para que o contrato de adxudicación asinado no treito Celeiro – San Cibrao sexa executado nos prazos comprometidos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar