Rego: “A planificación urbanística de Feijoo en Barreiros roza a delincuencia”

Rego: “A planificación urbanística de Feijoo en Barreiros roza a delincuencia”

Rego: “A planificación urbanística de Feijoo en Barreiros roza a delincuencia”

O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre a situación urbanística de Galicia. Alí emprazou ao executivo autonómico a ter unha actitude responsable, ordenada e sustentable a fronte do urbanismo da nosa Comunidade.

O deputado socialista asegura que é necesario sentar bases, pero advirte que o camiño que deixou marcado o PP “non é nada bon”. Neste punto lembrou a Lei contra feismo de Galicia impulsada polo Conselleiro Cuiña Crespo, para rachar contra políticas que tiveron un resultado nefasto na nosa Comunidade. Explicou que a normativa recibiu moitas criticas, pero advirte que a día de hoxe “falta por aprobar o desenvolvemento regulamentaria desta Lei”, subliñou.

Así as cousas o parlamentario afirma que as consecuencias de non ter normativa trouxo como consecuencia “o destrozo urbanístico de Barreiros”. Dixo que o alcalde desta localidade lucense concedeu 5.800 licencias para un concello que ten 3203 habitantes. Ante tal desmesura Ismael Rego lembra que o Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño puxo as cousas no seu sitio “fíxose cargo do urbanismo de Barreiros, e fixo unha normativa especifica para que esta desmesura non se puidera producir”. Replica ademais que todo este proceso estivo avalado polo TSXG.

Pola contra critica a actitude do Goberno de Feijoo dende a súa chegada a Xunta sobre este asunto, xa que denuncia que “xustificou a actuación de desmesura do Alcalde, e impulsa un convenio para darlle cobertura, e ademais aproba un Plan de incidencia Supramunicipal para un único concello de Galicia, co fin de dar cobertura de legalidade as 5.800 vivendas a un concello que non ten estructura urbana, que non adaptado o seu planeamento”. E insistiu nas súas criticas “esto é un tema moi serio”.

Rego explica que con estes precedentes “a partir de agora da nosa Comunidade os Plans Xerais de Ordenación Urbana xa non farán falta en Galicia”, replica que este é o modelo do Partido Popular, tanto para Barreiros como para Galicia. Advirte ademais que Feijoo retirou nun Consello da Xunta os recursos contenciosos en defensa da legalidade urbanística de Barreiros e dos intereses xerais dos veciños de Galicia.

O portavoz de Urbanismo afirma que este procedemento significa “unha autentica autoinculpacion fraudulenta do Goberno de Feijoo”, xa que asegura que hai recursos que teñen sentencias firmes condenatorias favorables aos recursos da administración, e condenatorias aos que deron as licencias e aos constructores.

Rego denuncia que a día de hoxe non se coñece o Informe da Asesoría Xurídica, xa que a Xunta negase a remitilo ao Parlamento “e me temo que non o hai”, ou tamén o Informe de Intervención da Comunidade Autónoma que tampouco foi remitido.

Fisterra, Gondomar, Sanxenxo

O parlamentario socialista dixo que o caso de Barreiros é igual que outros que existen en Galicia, e puxo como exemplo o de Fisterra “donde hai centos de vivendas na mesma situación, ou en Gondomar, os adosados do Grove, ou o edificio de Sanxenxo “que ten pensado facer con todo esto?” preguntou.

O deputado dixo que o urbanismo do PP “non é responsable”, e afirma que os únicos que aplauden as súas políticas son “os especuladores que actúan sobre o territorio, aqueles que aos que Feijoo retira os recursos contenciosos baseados en informes xurídicos e que son ganados un tras outro, a pesar de que a Xunta non se presentan nos xuízos para defender os intereses de tódolos galegos”. E insistiu “os únicos que aplauden ao Partido Popular son os depredadores do territorio, os da política do todo vale”.

Asegura que a propia Consellería recoñece nun Informe que o municipio de Barreiros vai multiplicar por 7 a súa poboación nos vindeiros anos, e que pasara a ter 23.500 habitantes. Afirma que a Xunta fixo este Informe para xustificar o Plan de incidencia Supramunicipal, algo que cualificou como “unha autentica cafrada que roza a delincuencia”.

Pescanova

Sobre a reforma da Lei do Solo dixo que o PSdeG-PSOE non apoiou esta normativa “porque defendía os intereses persoais dunha empresa que se chama Pescanova”, remarcou Rego.

Ademais lembrou  unha proposta aprobada polo PP (no Pleno de onte) coa que se poden instalar empresas en polígonos industriais que non teñen rematados os seus servicios “agora poden seguir facendo cafradas avaladas polo Parlamento”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar