Reforzo urxente para os xulgados con competencias contra a violencia de xénero

Reforzo urxente para os xulgados con competencias contra a violencia de xénero

Reforzo urxente para os xulgados con competencias contra a violencia de xénero

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe unha nova partida orzamentaria que permita aumentar o persoal do Instituto de Medicina Legal de Galicia nos xulgados para asistir ás vítimas de violencia de xénero. Vilán presentou unha proposición non de Lei na que reclamou o reforzo do persoal dos xulgados con competencias en violencia contra a muller cun psicólogo que asista ás vítimas, e que foi vetada polo PP.

A responsable socialista acusou ao PP de “non compartir a necesidade de establecer medidas de prevención contra a violencia machista”, e por iso “hai mulleres e nenos que morren, porque alguén atenta contra as súas vidas e non houbo medios para detectar estas situacións de violencia contra a muller”.

Vilán advertiu que, malia ao incremento de denuncias rexistrado en 2016, e o número de asasinatos rexistrados dende comezos de 2017, o persoal do Imelga en Galicia é moi escaso, e ta só hai dous xulgados específicos na materia, en Vigo e A Coruña.

Lembrou que o anuncio do vicepresidente Rueda e o presidente do TSXG, Galicia tería cinco novas prazas xudiciais no primeiro trimestre de 2017, pero ningunha delas destinada á loita contra a violencia de xénero. Lamentou que o goberno galego se teña amosado impermeable ao feito de que os xulgados galegos reciban cada día 15 denuncias por maltrato, que aumentaron un 5,9 por cento no primeiro semestre de 2016.

Subliñou que o aumento de persoal e orzamento previsto para 2017 é “absolutamente ridículo”, con 30.000 euros no orzamento, 4 novos médicos forenses e 7 novos psicólogos e traballadores sociais para toda Galicia, que poderían servir para identificar e atender a unha vítima.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar