Reforzo de persoal sanitario para o verán

Reforzo de persoal sanitario para o verán

Reforzo de persoal sanitario para o verán

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou unha proposición non de lei para reclamar que a Xunta contrate persoal sanitario que sexa necesario durante o período de verán para garantir la correcta asistencia sanitaria. Esta ampliación do persoal responde á demanda de substitutos eventuais que cubran as vacacións dos traballadores.

Lembrou que durante os meses de verán a Xunta pecha un total de 1.200 camas polas baixas por vacacións do persoal sanitario. Torrado propuxo a contratación eventual de profesionais das listas de contratación “en función dos servizos e categorías que sexan necesarios para manter a actividade sanitaria durante este período”.

O responsable socialista advertiu que o ano pasado a Xunta negouse a achegar datos reais sobre a porcentaxe do peche de camas. Desta forma, mentres a Consellería estimaba nun 11 por cento o número de camas menos, o propio conselleiro cifrábao en mais de un 15 por cento, mentres os profesionais do sector situaban esta cifra nun 20 por cento.

Así mesmo, o responsable socialista solicitou á Consellería datos dispoñibles sobre atención hospitalaria por áreas sanitarias, a partir dos que se fai a planificación da atención sanitaria no verán.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar